O CONCELLO DE SANTIAGO ACTÚA CONTRA A MANIFESTACIÓN DE QUEREMOS GALEGO CONVOCADA PARA O 27 DE XANEIRO.
Por primeira vez solicítase unha fianza para a colocación dun palco a unha entidade sen ánimo de lucro.
A plataforma cidadá lembra que en maio xa lle gañou nos xulgados un recurso ao concello.
Santiago 15 de xaneiro de 2013-. A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 700 entidades e colectivos sociais, recibiu hoxe resposta á solicitude de instalación da infraestrutura necesaria para a celebración do acto final da manifestación convocada para o 27 de xaneiro, onde se prevé a participación de miles de persoas para pedir a derrogación do decretazo contra o galego e a retirada do proxecto da LOMCE, máis coñecida como lei da Wertgoña. Nesta resposta municipal pídeselle á plataforma unha fianza de 600€ para a colocación do palco, algo inédito no Concello de Santiago.
A plataforma cidadá entende esta petición de fianza como un atranco á liberdade de expresión e á celebración desta manifestación, a segunda que provén deste goberno municipal en Compostela, xa que, lembra, o 17 de maio de 2012 tivo que recorrer e gañar nos tribunais a autorización de instalación de megafonía e palco na praza da Quintana, e non dubidará en recorrer outra vez se finalmente se impide a celebración desta manifestación, convocada e notificada á delegación do goberno en tempo e forma como é preceptivo.
Queremos Galego sinala tamén que esta solicitude de fianza rompe co compromiso do goberno municipal de excluír do pago de taxas e fianzas para a utilización da vía pública ás entidades sen ánimo de lucro, entre as que se atopa a plataforma cidadá, tras a aprobación da ordenanza de ocupación da vía pública, amplamente contestada pola cidadanía compostelá.
Para a plataforma cidadá isto é unha mostra máis do uso que quere facer o Partido Popular das institucións como a súa finca particular, permitindo ou limitando a expresión democrática da cidadanía en función da súa coincidencia ideolóxica, e chama ao Concello de Santiago a rectificar inmediatamente e a que deixe de buscar problemas onde até agora non os houbo.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



