TODA A SOCIEDADE GALEGA ORGANIZADA AGÁS O PP MOSTRA O SEU APOIO Á MANIFESTACIÓN POLA LINGUA QUE NOS UNE.
A ampla adhesión á manifestación que terá lugar o domingo 27 de xaneiro é mostra da unanimidade a prol do galego.
O portavoz da plataforma e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Carlos Callón fará unhas declaracións ás 12.00 na Porta Faxeira.
Santiago de compostela, 25 de xaneiro-. Ademais dos máis de 700 colectivos e entidades sociais que forman parte da plataforma cidadá Queremos Galego, todas as organizacións con representación parlamentar, agás o PP, fixeron chegar o seu apoio á manifestación que so o lema Pola lingua que nos une. Queremos galego na escola, percorrerá as rúas da capital de Galiza.
Para a plataforma cidadá Queremos Galego, isto é unha mostra máis da situación de aillamento social en torno á lingua galega na que se atopa o PP nestes momentos e que debería motivar unha reflexión profunda dos seus dirixentes. A plataforma lembra que xunto cos ataques continuados á nosa lingua evidenciados incluso pola sentenza do TSXG que declara ilegais os puntos centrais do decretazo contra o galego, ou o recente proxecto de LOMCE (máis coñecida como Lei da Wertgoña), pretenderon pór trabas á unha manifestación como a do domingo a través da imposición dunha fianza pola colocación dun palco, decisión que será recurrida pola plataforma nos tribunais, e que é unha mostra máis do sectarismo dos dirixentes do PP, especialmente agresivo contra a lingua galega.
A manifestación sairá ás 12.00 da Alameda compostelá para rematar na Praza da Quintana, onde ademais dunha intervención do portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, diferentes personalidades do ámbito cultural e educativo lerán o manifesto Queremos galego na escola: Luís Iglesia (actor), Xurxo Souto (músico), Mercedes Queixas (escritora e pofesora), Marta Dacosta (escritora e profesora), Antón Freire (alumno de 4º da ESO), Susana Méndez (coordinadora de Queremos Galego). No acto haberá intervención musicais a cargo das cantantes Uxía e Ses, e será conducido polo actor Pepe Penabade.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



