O VINDEIRO XOVES EN BURELA HABERÁ UNHA XUNTANZA ENTRE REPRESENTANTES DA DIRECCIÓN GENERAL DE MARINA MERCANTE E O SECTOR PESQUEIRO CO OBXECTIVO DE ANALIZAR A PROBLEMÁTICA DAS TRIPULACIÓNS MÍNIMAS. O ENCONTRO FOI CONCRETADO POLO ALCALDE O PASADO 15 DE NOVEMBRO.
Burela, 15 de xaneiro de 2013. O alcalde de Burela, o popular José María González Barcia, anunciou hoxe que pasado mañá, xoves, ás doce e media do día, celebrarase na confraría de pescadores unha reunión do Subdirector General de Inspección y Seguridad Marítima da Dirección General de Marina Mercante do goberno central, Francisco Ramos Corona, con representantes do sector pesqueiro de Lugo. O motivo desta reunión é estudiar a situación actual no que respecta ás tripulacións mínimas necesarias para que os barcos poidan sair faenar.
González Barcia indicou que “é positivo que o sector poida trasladar directamente as súas opinións sobre este asunto. O sector busca operatividade e economizar os recursos, o cal dentro da situación que estamos a vivir é absolutamente lóxico”.
O alcalde burelés manifestou que “este asunto, que xa non é de agora, tratouse xa nunha reunión co propio Director General de Marina Mercante aquí, en Burela, na primavera pasada; non hai moito, o pasado quince de novembro, nunha reunión mantida en Madrid co Director General, plantexeille a necesidade, a petición do propio sector, de manter conversas directas co sector pesqueiro para buscar un marco que recolla as demandas fundamentais na materia”.
José Mª González Barcia indicou que “froito daquela reunión é a xuntanza que se celebrará pasado mañá, xoves. Confío en que serva para fixar criterios que respectando a legalidade vixente poidan afondar nos obxectivos que ten o sector. Trátase de, dentro da normativa vixente que todo o mundo é consciente que hai que cumprir, buscar unha maior operatividade e celeridade á hora de que se poidan despachar os barcos para saír faenar. Trátase de facer máis rentables as actuais empresas”. O alcalde de Burela subliñou que “na situación actual de crise o primeiro que temos que facer co sector pesqueiro é manter as empresas, é dicir manter os barcos pescando. Si mantemos os barcos pescando estamos a manter postos de traballo”.
Á xuntanza do xoves en Burela asistirán representantes de todas as confrarías de pescadores de Lugo, da Organización de Productores Pesqueiros, de Armadores de Burela e de Porto de Celeiro, entre outros.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



