Un milleiro de veciños e empresas da provincia coñeceron as vantaxes das novas tecnoloxías no último ano grazas ó In Lugo
Preto de 1.100 veciños e empresas da provincia coñeceron as vantaxes das novas tecnoloxías grazas ás accións de difusión e formación, todas gratuítas, que desenvolveu ó longo do último ano o Centro de Innovación Social, o In Lugo, o servizo que puxo en marcha a Deputación de Lugo co cofinanciamento do Ministerio de Industria co obxectivo de rompela fenda dixital na provincia, favorecelo equilibrio territorial e aproveitar as TIC para impulsar o desenvolvemento socioeconómico.
O In Lugo promoveu obradoiros e xornadas, eminentemente prácticas, en 22 Concellos da provincia durante 2012, encamiñadas a mostrar ós lucenses como sacarlle o máximo partido ás TIC na súa vida persoal e laboral, ademais de impulsalo tecido empresarial para manter e xerar emprego. O uso de buscadores web, o comercio electrónico, a formación en community manager, a creación de blogs e páxinas web, e o deseño de campañas de márketing on line foron as xornadas que tiveron unha maior aceptación.
Unha programación con tres eixos
A programación do Centro de Innovación Social xirou en torno a tres eixos fundamentais:
– Un programa dirixido a veciños e asociacións, que incluíu 100 cursos por toda a provincia, cunha duración total de 750 horas, e dos que se beneficiaron 989 persoas.
– O Plan de Dinamización do Uso das TIC nas PEMES: O In Lugo coordinou a realización de auditorías totalmente gratuítas a 44 pequenas e medianas empresas da provincia para avaliar cal é o seu grao de incorporación ás novas tecnoloxías. Logo, tamén de balde, prestóuselles asesoramento técnico especializado para incorporar as melloras que máis lle conviñan para impulsar a súa actividade ou incluso abrir novas oportunidades de negocio, como, por exemplo, conexión a Internet de banda longa; crear unha páxina web; implantar a factura electrónica, que reduce custes e tempo; a venda por Internet, que abre novos mercados por todo o mundo; facer publicidade na Rede, para aumentar as vendas, pero tamén fidelizar clientes; ou optar polas operacións bancarias a través da Rede (a banca electrónica) para axilizar pagos e cobros.
– Xornadas Living Expo: dirixidas tamén ás empresas, co fin de que coñeceran os recursos tecnolóxicos á súa disposición para mellorar o seu negocio. Participaron unha vintena de firmas.
A maiores destes tres programas, o Centro de Innovación Social organizou cursos de alfabetización informática nas Aulas da Terceira Idade de Lugo, para cuxo funcionamento precisamente cedeu a Deputación dependencias provinciais, concretamente onde antes se atopaba o Fogar do Transeúnte. Nestas xornadas de informática participaron 75 persoas. O In Lugo ofreceu así mesmo, a petición da Asociación de Pais e Nais (ANPA) do colexio de Paradai, unha charla coloquio no Centro de Servizos Sociais da Milagrosa sobre o uso responsable de Internet por parte dos menores. Para os nenos tamén se organizaron as xornadas Educ@TIC, co obxectivo de favorecelo uso das novas tecnoloxías entre os rapaces, de xeito responsable e para que lles sexan útiles para a súa actividade escolar.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



