A Plataforma de Afectados polos abusos do mercado eléctrico denuncia que un veciño de San Cibrao asinou un contrato de subministro nunha oficina de Viveiro cun axente colaborador da oficina de Iberdrola de Lugo e, pese a firmar unha oferta denominada residencial, activóuselle dito contrato cunha oferta distinta denominada Plan Hogar na cal se lle cobra un 12% máis no período diúrno e ata un 50% máis en período nocturno con respecto aos prezos que realmente asinou.
Tras reclamar en dita oficina comunicáronlle desde a oficina de Lugo que a oferta que el asinou xa non existía e, por iso, se lle aplicou un novo plan de prezos. Dende a plataforma non só puidemos comprobar que no momento da activación de dito contrato a oferta seguía vixente, senón que a outra oferta finalmente aplicada deixou e estar vixente o mesmo día que caducou a oferta asinada. Recordamos que en caso de que o contrato asinado non se poda dar de alta hai que comunicarllo ó cliente e que, en ningún momento, se pode dar de alta con outra oferta sen a sinatura do cliente.
A Plataforma denuncia que “casualmente” este distribuidor de Iberdrola recibe unha comisión máis elevada polo Plan Hogar que lle activou ó cliente que polo plan residencial que si firmara o cliente.
Desde a Plataforma queremos denunciar a gravidade deste caso; xa que se trata dunha falsificación de contrato e, como tal, existe responsabilidade civil e penal. Neste punto, solicitamos a colaboración dos veciños da Mariña e pedimos que se denuncien estes casos en Industria, nos tribunais e na propia Iberdrola para que poidan emprender medidas sancionadoras contra ditas forzas de ventas.
Na actualidade temos localizados máis casos, pero estamos pendentes de recibir a documentación necesaria para poder denuncialos, e non son só por parte de Iberdrola, senón que existen máis comercializadoras implicadas. Por exemplo, a clientes de Endesa activóuselles servizos que en ningún momento se firmaran e que supoñen un custe adicional nas súas facturas. Nestes casos a comisión dos comerciais e das forzas de ventas ás que pertencen tamén son maiores se se activan estes servizos.
Parece que neste sector todo vale con tal de comisionar máis ou cobra máis na factura, e isto debemos cortalo de raíz. A Plataforma inicia no mes de marzo charlas en Barreiros, Ribadeo e os distintos barrios de Viveiro e anima á xente que sufrira este tipo de abusos a que se acerquen a dichas charlas para denunciar estes casos.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



