Antonio Veiga afirmou que “negándose a apoiar esta moción, os representantes do PP están a vender aos veciños de Monforte e da Mariña porque a xerencia única integrada producirá un empeoramento da calidade asistencial”
Veiga anunciou que “o BNG apoia a convocatoria de manifestación para o vindeiro sábado en Burela para dicir NON á Xerencia Única”
Lugo, 26 de febreiro de 2013. A Deputación de Lugo, a instancias dunha proposta do BNG, que se aprobou cos votos a favor dos dous socios de goberno e coa abstención do PP, insta á Xunta de Galicia a manter as áreas sanitarias de Monforte e A Mariña con todas as competencias e servizos que teñen na actualidade e a frear a perda de calidade asistencial que suporá a xestión integrada.
O vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, afirmou que “negándose a apoiar esta moción, os representantes do PP están a vender aos veciños de Monforte e da Mariña porque a xerencia única integrada producirá un empeoramento da calidade asistencial” e alertou “das consecuencias que terá esta medida que defende a consellería de Sanidade e que eliminará a área norte de saúde, que abarca a comarca da Mariña con máis de 72.000 persoas asignadas distribuídas en 14 concellos, e a área sanitaria do sur, á que corresponde o hospital de Monforte que atende ao redor de 49.000 usuarios e usuarias de 11 concellos. “Os plans do Goberno galego afectan a máis de 120.000 persoas que pasarían a ter como centro hospitalario de referencia o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), sito a máis de 90 quilómetros de distancia no caso de Burela e a pouco menos no caso de Monforte, o que atinxirá aos usuarios e usuarias que recibirán unha atención máis tardía, pero tamén aos profesionais.”
A xerencia sanitaria integrada –insistiu Antonio Veiga- “é un paso máis cara o desmantelamento do sistema sanitario e cara a súa privatización. Lonxe de mellorar a atención aos pacientes, como anunciou a conselleira Rocío Mosquera, suporá unha limitación de dereitos sanitarios e reducirá a seguridade dos veciños e veciñas das comarcas da Mariña e Monforte. A atención sanitaria na provincia de Lugo retrotraerase 25 anos e os hospitais comarcais converteranse en sucursais do HULA, xa sobrecargado, e no que, con seguridade, aumentarán as listas de espera”.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



