A Mariña, 27 de febreiro de 2013. Representantes da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña da que fan parte colectivos sociais, de doentes e organizacións sindicais e políticas compareceron na tarde de hoxe para facer un chamamento á sociedade mariñá a participar na concentración prevista o próximo sábado ás 12:00 na Praza da Mariña de Burela para proclamar o seu rexeitamento aos anuncios da Consellaría de Sanidade sobre a creación dunha área de xestión integradas que faría desaparecer a capacidade de xestión autónoma da actual área sanitaria norte con hospital de referencia no Hospital da Costa de Burela. A Plataforma ademais anunciou a intención das plataformas na defensa da sanidade de Monforte, Lugo e A Mariña de promover no conxunto dos concellos da provincia mocións de apoio ás súas demandas, coincidentes no caso das de Monforte e Á Mariña e que no caso da de Lugo pasan por implantar no HULA os servizos de hemodinámica, medicina nuclear e radioterapia.
Chamamento á sociedade mariñá para participar na defensa da autonomía sanitaria da Mariña e o cumprimento dos compromisos adquiridos polo goberno da Xunta coa comarca.
Dende a Plataforma consideraron fundamental o apoio da poboación mariñá para evitar un maior deterioro da sanidade pública que corre grave perigo si chega aprobarse un decreto de xestión integrada de ámbito provincial, indican que “A Mariña conta con todos os parámetros necesarios para contar cunha Área Xestión Integrada propia polo que piden á Consellaría de Sanidade marcha atrás nas súas pretensións”, aínda que non oficiais a falta de publicación do decreto, oficiosas polos numerosos datos xa coñecidos de que o SERGAS camiña nesa dirección. Reforzando o argumento sobre os efectos da aplicación dunha área de xestión integrada provincial advertiron do perigo que esta medida pon en perigo o mantemento do servizo de neonatos de Burela podendo darse o caso de que os recén nacidos sexan derivados a Lugo e as nais queden en Burela,así como a pervivencia da UCI tal como funciona na actualidade.
Na comparecencia pública puntualizaron que o chamamento faise ao conxunto da sociedade, ao marxe de siglas políticas, pero deixaron claro que a quen lle toca tomar decisións é aos representantes do Partido Popular que xestionan e sustentan o goberno da Xunta. Neste sentido cualificaron de “indignante” que representantes deste partido non teñan reparos en dicir que a Xunta está comprometida coa ampliación de Hospital da Costa ao tempo que eliminan calquera posibilidade de ampliación votando en contra de emendas aos orzamentos da Xunta para 2013 que pretendían ampliar a irrisoria cantidade de 50.000 euros que contemplan estes orzamentos. Nesta liña consideraron lamentábel que se pretenda seguir enganando á sociedade mariñá ao continuar facendo promesas sobre ampliacións virtuais dun hospital saturado e con continuas situacións de colapso polo que advertiron que con cinco promesas do Presidente Feijoo chega, o que a Mariña precisa son realidades.
Advertiron que a concentración do día dous en Burela non é o fin do camiño, “é un chanzo mais nos xa mais de dous anos de traballo na defensa da sanidade pública e que de momento xa conseguiu frear coa mobilización social de 2010 a aplicación dun decreto que naquel momento xa parecía inminente”. Non estamos dispostos e dispostas, matizaron, “que en nome da doutrina austericida se apliquen medidas de privatización dun servizo sanitario que é patrimonio de tod@s e non se pode entregar á mercantilización”.
As tres plataformas na defensa da sanidade pública de Lugo promoverán iniciativas no conxunto dos concellos da Provincia.
Na rolda de prensa aproveitaron para anunciar que as Plataformas na Defensa da Sanidade Pública de Monforte, Lugo e A Mariña acordaron promover no conxunto dos concellos da provincia moción de apoio ás súas demandas que no caso das da Mariña e Monforte son coincidentes no mantemento da autonomía de xestión fronte a un decreto de xestión integrada de carácter provincial así como maior investimento nos servizos sanitarios primarios e especializados en ambas áreas de saúde; na iniciativa demandarase os servizos de radioterapia, hemodinámica e medicina nuclear para o HULA porque non podemos seguir permitindo que un hospital da características deste non conte con estes servizos que aforrarían á poboación desprazamentos innecesarios e inhumanos a outros hospitais da comunidade.



















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



