O Concello de Ribadeo informa que o recital de Montserrat Expósito e Ludmila Orlova que tiña lugar hoxe no Auditorio queda suspendido ata novo aviso por indisposición das intérpretes. Pero as demais actividades programadas son as seguintes: o sábado 2 ás 18.30 na Casa das Letras, relatorio de Antonio Sandoval Rey e o domingo 3 ás 10 da mañá fronte á oficina de Turismo saída da visita guiada por Enrique Sampedro para observar aves da ría de Ribadeo. Para esta saída é preciso apuntarse no 982 128689. Outra proposta para a fin de semana é a da A.C. Francisco Lanza: pasar polo parque San Francisco o sábado e domingo a partir das 12 do mediodía e ata as 20.00 horas xa que a Comisión do entroido de Ribadeo está a traballar para ofrecer feixós. Recordan tamén que as persoas interesadas en participar no clube de lectura a obra escollida desta vez é Herba moura de Teresa Moure. A xuntanza está prevista para o xoves 14 de febreiro ás 20.30 horas na Casa das Letras.
Aviso sobre o recital lírico en Ribadeo
Aviso sobre o recital lírico en Ribadeo
Relacionado
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura