Un equipo de rego da Deputación de Lugo está a traballar dende hai un mes no Concello de Xove. Os traballos que realizan en distintos viais municipais lévanse a cabo para ranxalos e rexeneralos. O vindeiro venres 8 de marzo será cando rematen as actuacións.
Durante este tempo xa foron varios os viais de titularidade municipal reparados, uns con tratamento parcial, incidindo nas partes máis abandonadas, e outros de maneira íntegra, cubrindo toda a superficie dos mesmos. Dentro das estradas con reparacións parciais están as seguintes:
– Varios accesos ao núcleo dos Carballás en Xove.
– Conexión entre Os Carballás e Aceveda.
– Varios viais nas parroquias de A Rigueira, Xuances e Portocelo.
Con tratamento integral está a reparación do vial de prolongación do Camiño Real, o cal foi visitado hoxe polo alcalde, Demetrio Salgueiro, en compañía do aparellador municipal Benigno Mon.
Estas obras están feitas en colaboración entre a Deputación e Lugo e o Concello de Xove. A institución provincial facilitou o equipo de rego (maquinaria), materiais e persoal, e o Concello, pola súa banda, tamén colaborou con medios materiais e humanos. Esta colaboración supón un aforro considerable para o Concello xovense. Deste xeito, o alcalde, quere agradecer á Deputación Provincial de Lugo esta axuda para a mellora dos viais de titularidade municipal.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



