Liga Senior Masculina.- Candente é o termo que podemos aplicar a esta Liga. A vitoria de Arturo Vigo e o segundo posto de José Rafael, conxugado co mal resultado obtido polos dous primeiros clasificados (Carlos Javier e Sócrates), fai que teñamos un novo líder, Arturo Vigo (con 107 puntos), e que Carlos Javier e José Rafael compartan o segundo posto (con 105 puntos), con Sócrates en terceira posición (con 103).
Estes catro xogadores vanse disputar os tres grandes postos finais, sendo a separación entre eles mínima, de aí que as tres tiradas que quedan para rematar a temporada, Vilachá, Morás e Sumoas, van ser apaixonantes. A partir de agora xa non quedan moitas posibilidades de fallo, de aí que eses xogadores terán que ir a asegurar e esperar algún erro dos seus opoñentes. De tódolos xeitos, cremos que Arturo Vigo parte cunha lixeira vantaxe, pola súa experiencia nestas lides, e ademais e un xogador moi templado nos momentos decisivos. Aínda que todo pode pasar; xa que Arturo perdoou unha Liga no último día de tirada, polo que todo pode pasar. A quinta posición tena asegurada César Cancelos, con 76 puntos, quen está a facer unha temporada moi regular, manténdose sempre nos postos altos da táboa. Recordamos que hai premio e trofeo para os 12 primeiros da clasificación ao final da temporada.
Liga Sénior Feminina.- CARMEN ROCA CAMPIOA DA IVª LIGA FEMININA Carmen, polo tanto, renova o título e consigue o seu terceiro entorchado nas catro edicións disputadas: campioa nas temporadas 2009-2010, 2011-2012 e 2013. A falla de tres tiradas sácalle 23 puntos a Belén Meitín, cun máximo de 21 puntos por disputar nas tres tiradas (6 puntos + 1 punto de bolada en cada tirada).
Para as restantes prazas de honra, ou sexa o 2º e o 3º posto, temos neste intre a Belén Meitín con 45 puntos, Concepción Piñeiro con 39 e Dolores Baño con 32. A vantaxe, loxicamente para Belén e Concepción, que manterán os seus postos se non falla. En quinta posición Salomé Bermúdez con 20 puntos, pero xa moi alonxada dos postos de honra. Nesta categoría teñen premio en metálico e trofeo as 5 primeiras clasificadas ao final.
Liga Sub 16.- Novena vitoria de Daniel López, virtual gañador desta XIIIª Liga, a quen só lle falta un punto para poder proclamarse matematicamente campión. A verdade é que este novo xogador experimentou un gran crecemento coma xogador esta temporada, dominándoa de principio a fin. En segundo posto temos a vixente campioa, Salomé Cardoso, con 63 puntos, seis máis co seu irmán Isaías. Entre eles dous disputaranse a segunda praza, e serán eles dous os que lle dean emoción a esta pequena Liga, cando o primeiro posto está practicamente definido.
A vindeira tirada, e décimo sexta do campionato, vai ter lugar no Centro Social de Vilachá o vindeiro sábado 23 de febreiro a partir das tres da tarde.
|
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE A VARA (16 FEBREIRO 2013) 37 INSCRITOS: 24 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 8 NA LIGA FEMININA |
|||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS |
PUNTOS |
|
LIGA SENIOR |
|||
| PRIMEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA |
305 |
12 |
| SEGUNDO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
270 |
10 |
| TERCEIRO | JORDI MEITÍN SERANTES |
266 |
8 |
| CUARTO | ALEX MEITÍN SERANTES |
165 |
7 |
| QUINTO | JOSE VIGO LAGE |
248 |
6 |
| SEXTO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA |
145 |
5 |
| SÉTIMO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ |
142 |
4 |
| OITAVO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ |
238 |
3 |
| NOVENO | ADÁN RODRÍGUEZ ROCA |
233 |
2 |
| DÉCIMO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA |
231 |
1 |
| MELLOR BOLADA | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ |
88 |
1 |
|
LIGA SUB 18 |
|||
| PRMEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ |
162 |
6 |
| SEGUNDO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ |
160 |
4 |
| TERCEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
139 |
3 |
| CUARTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO |
79 |
2 |
| QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO |
30 |
1 |
| MELLOR BOLADA | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ |
50 |
1 |
|
LIGA FEMININA |
|||
| PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL |
151 |
6 |
| SEGUNDO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN |
139 |
4 |
| TERCEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ |
130 |
3 |
| CUARTO | BELÉN MEITÍN ROUCO |
121 |
2 |
| QUINTO | DOLORES BAÑO FRAGA |
86 |
1 |
| MELLOR BOLADA | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ |
49 |
1 |























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
