O secretario xeral en Lugo defende a “participación activa” da militancia e incide na importancia de construír un partido “que sexa útil á sociedade e artelle políticas de crecemento contra a austeridade empobrecedora do PP”
O secretario xeral do PSdeG-PSOE en Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou esta mañá que espera “escoitar o secretario xeral” do PSdeG na Executiva que se celebrará esta tarde, para coñecer “o proxecto que se vai levar ao Comité Nacional” do vindeiro sábado. Mentres, deixou claro cal debe ser o obxectivo do partido: “O que nos toca agora, e o que vou facer eu, é traballar para que o partido socialista sexa un partido forte e unido”, asegurou. “Creo que é no que debemos traballar nos próximos meses para ser útiles á sociedade, sobre todo neste momento, cunha política da dereita de austeridade empobrecedora, un concepto do que xa teño falado dende hai tres anos e que agora condena ata o FMI”, engadiu.
“Hai que artellar políticas de crecemento, levamos padecendo esta austeridade preto de cinco anos en Galicia e case un ano e medio desde o Estado, no que a situación do país só vai a peor, e iso é co que temos de loitar. Vou traballar desde o partido para contrarrestar estas políticas da dereita que non aportan nada positivo”, destacou.
Con respecto ao calendario do partido en Galicia, Gómez Besteiro apuntou que “se se confirma que estes pasos se van dar antes do verán, isto é o que a gran maioría do partido quería, esperaba e demandaba, pero esperarei a escoitar o secretario xeral”, insistiu. En relación á fórmula de elección, reafirmouse na súa idea e defendeu a “participación activa da militancia” no proceso. “Ben saben cal é a miña opinión sobre a participación activa da militancia neste procesos. Son unha persoa respectuosa cos procedementos, un pode estar de acordo coa legalidade ou non, pero mentres existe hai que cumprila e é positivo intentar cambialo, pero dentro dos marcos de referencia do partido me movín, me movo e me moverei. Defendo un papel moi activo dos militantes e neste sentido vou traballar”, afirmou.
Con respecto á situación xudicial de José Blanco, á que xa se referiu esta mesma semana, incidiu na mesma idea da defensa da presunción de inocencia: “Non vou variar a miña posición, que segue a ser a mesma, Blanco ten o meu respaldo e creo que é inocente e non vou entrar en especulacións, porque nin debo nin quero”, dixo. Tamén rexeitou falar sobre o papel do exministro no PSdeG ou sobre posibles candidaturas: “Ese proceso aínda non está nin aberto. O importante é construír o futuro do partido e traballar en clave de unidade e solidez. Sobre especulacións non falo”, concluíu.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



