Ribadeo, 27 de febreiro de 2013.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad dixo hoxe que os 800 veciños desta localidade que se atopan no paro están á espera de recibir as desculpas públicas do Alcalde e do Equipo de Goberno nacionalista logo de que a directora xeral de Formación e Emprego da Xunta, Ana María Díaz López, confirmara en sede parlamentaria que o Concello non quixo corrixir os defectos na solicitude do obradoiro de emprego pese a ser advertidos de que de non facelo, suporía renunciar a esta axuda.
López Penabad lamenta que a “xestión calamitosa” de Suárez Barcía teña como resultado que se perderan 45 posibles novas contratacións, vinculadas ao obradoiro, en ámbitos con moitas posibilidades de futuro como son a fabricación de conservas vexetais, agricultura ecolóxica, promoción turística local e información ao visitante. “Estes veciños hoxe sen emprego perderon a opción de dispoñer dun contrato remunerado, e non están os tempos para que o Alcalde peche a porta a novos postos de traballo”
O presidente dos populares de Ribadeo agradeceu ao deputado popular Jose Manuel Balseiro que se interesara no Parlamento de Galicia pola tramitación desta solicitude e moi particularmente polas razóns que levaron ao Concello a renunciar a esta axuda. “Nos últimos tempos o BNG quixo enganarnos. E botar balóns fóra por feito que era unica e exclusivamente responsabilidade súa. Deben pedir perdón.”
VIDEO EN FACEBOOK
López Penabad informou que publicaron o vídeo da resposta parlamentaria no perfil Facebook do Partido Popular de Ribadeo para que poidan consultalo todos os veciños que así o desexen e explicou que ante a contundencia dos datos facilitados coincide plenamente coa directora xeral cando asegurou que o alcalde “cando dicía que esta indignado, só estaba facendo un pouco de teatro, unha manobra para ocultar a súa propia incapacidade ante os veciños á hora de xestionar un procedemento administrativo moi sinxelo”
A XUIZO CO SEU DIÑEIRO
Finalmente López Penabad espera que Suárez Barcia rectifique e que nin se lle pase pola cabeza xudicializar un asunto –tal e como ten anunciado- no que é manifesta a incompetencia no proceder do goberno local. “Se quere ir aos tribunais para facer o ridículo, que o faga co seu diñeiro, non cos medios e recursos do Concello. Xa fixo ten feito dano suficiente aos veciños, para seguir nesa actitude incomprensible”.

















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



