Emocionante derbi galego en Vista Alegre o sábado día 9, ás 18.30 horas, entre o Burela Pescados Rubén e o Ponte Ourense. O conxunto burelés defende o liderado da Primeira División ante as ourensanas que están a recuperar o seu nivel nas últimas xornadas.
O Burela afronta o derbi con confianza aínda que consciente que en fronte terá un rival complicado e con ánimos de revancha polo serio varapalo sufrido na primeira volta. As pupilas de Pardeiro venceron con rotundidade na pista ourensá (0-6) mostrando unha superioridade indiscutible. Aínda que un derbi é un derbi e calquera resultado é factible.
Entroido laranxa. Entrada gratuíta para os aleccionados que acudan a Vista Alegre disfrazados.
Emocionante derbi gallego en Vista Alegre el sábado día 9, a las 18.30 horas, entre el Burela Pescados Rubén y el Ponte Ourense. El conjunto burelés defiende el liderato de la Primera División ante las orensanas que están recuperando su nivel en las últimas jornadas.
El Burela afronta el derbi con confianza aunque consciente que enfrente tendrá un rival complicado y con ánimos de revancha por el serio varapalo sufrido en la primera vuelta. Las pupilas de Pardeiro vencieron con rotundidad en la pista orensana (0-6) mostrando una superioridad indiscutible. Aunque un derbi es un derbi y cualquier resultado es factible.
Carnaval naranja. Entrada gratuíta para los aficionados que acudan a Vista Alegre disfrazados.
Axenda da base
Liga Nacional Xuvenil
Burela FS-Santiago Futsal
Domingo 10 de febreiro, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Liga Autonómica Xuvenil
Burela FS-Santiago Futsal (xornada 5 aprazada)
Domingo 10 de febreiro, ás 10.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Troula FS-Burela FS (xornada 14)
Martes 12 de febreiro, ás 18.30 horas, no municipal de Betanzos
Liga Autonómica Cadete
Azkar Lugo-Burela FS (xornada 13)
Mércores 13 de febreiro, ás 18.00 horas, no Centro Terra de Lugo
Liga Autonómica Infantil
Troula FS-ED EON Burela FS (xornada 15)
Martes 12 de febreiro, ás 17.00 horas, no municipal de Betanzos
Azkar Lugo-ED EON Burela FS (xornada 13)
Mércores 13 de febreiro, ás 16.30 horas, no Centro Terra de Lugo
Liga Prebenxamín da Mariña
ED EON Burela FS-ACD Xove
Sábado 9 de febreiro, ás 11.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Amigables
ED EON Burela FS Infantil Autonómica-Burela FS Cadete B
Sábado 9 de febreiro, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
