O Concello fai unha valoración moi positiva do entroido de 2013 e agradece a alta participación en todos os actos que tiveron lugar estes días.
A edil de Cultura, Mónica Pedre, tivo palabras de agradecemento “para toda a xente que participou en todos los actos do noso entroido, especialmente no desfile. Centos de persoas encheron de color as rúas de Burela e outros moitos centos disfrutaron deste acto”. A concelleira popular tamén resaltou “a acollida que tiveron os actos organizados para os nenos e as nenas de Burela. Foron un auténtico éxito”.
Pedre agradeceu “a todos os colectivos, asociacións e empresas colaboradoras o seu traballo. Grazas á súa implicación e apoio o entroido de Burela foi posible. Aportaron voluntarios e materia prima para as merendas organizadas, entre outras cousas”. Desde o Concello piden disculpas polos posibles fallos ou erros que se puidesen cometer desde a organización.
O Concello burelés destinou ao entroido de 2013 unha partida de 4.500 euros.