O CONCELLO DE LOURENZÁ INFORMA DEDUCIÓNS DA COTA DO CANON DA AUGA
O canon da auga, que ven de substituír o canon de saneamento, foi creado pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. Non obstante, o inicio da súa aplicación non tivo lugar ata o 1 de xullo de 2012, momento no que entrou en vigor o Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga a sistemas públicos de depuración de augas residuais. O canon da auga, ten como finalidade; por un lado, financiar as actuacións do ciclo da
auga e por outro, primar o uso responsable da auga. Se quere aforrar custos no pago deste canon deberá ter en conta os seguintes criterios:
1.- A tarifa doméstica é progresiva: estrutúrase en varios tramos segundo o consumo, considerando para eses tramos o número de persoas por vivenda, polo que é aconsellable revisar o número de persoas que figuran rexistradas a día de hoxe coa empresa concesionaria, no noso caso, Espina&Delfín, S.L. e adaptalas a realidade, é dicir, ao número de persoas que realmente están empadroadas na súa vivenda, a fin de rebaixar o recibo de auga.
2.- As familias numerosas contan cun desconto do 50 % do canon.
3.- Ás comunidades de usuarios (traídas veciñais) e captacións propias aplícaselles un desconto do 90%, quedando exentos na práctica.
Para solicitar os descontos antes mencionados, e así poder beneficiarse das pertinentes deducións, é preciso solicitalo ao ente público Augas de Galicia a través dos modelos que están colgados na páxina web da Xunta ou
da empresa concesionaria e envialo ao ente público Augas de Galicia. Nas oficinas municipais estamos a disposición de calquera persoa do municipio que o precise para realizar este trámite.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



