Dende a Asociación Cultural O Pasatempo non queren deixar pasar este tempo de Entroido sen ofrecer una actividade diferente a tódalas celebracións que enchen a comarca estes días. A proposta é desfrutar da música de Arts Ensemble o sábado 16 en Mondoñedo. Celebrarase no Auditorio Municipal mindoniense a actuación da xove agrupación Arts Ensemble. Será ás 12:30 e as entradas terán un prezo de 3 euros. Unha boa oportunidade para escoitar a un quinteto de vento que desborda talento e que ofrecerá un espectáculo como o que se pode atopar nas mellores salas de concerto do país.
A agrupación Arts Ensemble formouse en setembro de 2010 baixo a tutela do clarinetista Iván García. Está formado por estudantes da especialidade de vento madeira e trompa. A pesar da súa xuventude, teñen unha larga traxectoria no ámbito musical. Tódolos seus compoñentes teñen unha actividade regular xa sexa con orquestras xoves, colaborando con orquestras profesionais, como solistas ou en agrupacións camerísticas. O seu repertorio abarca dende o clasicismo ata o S. XXI. Entre os integrantes de Arts Enesemble atópase o mindoniense Marcos Cruz Pardeiro que dende os oito anos que comezou a estudar trompa converteu a
música no seu modo de vida. No escenario estarán tamén Mª Isabel Bermejo (oboe), Javier González Blanco (clarinete), Hae Won Ho (fagot) e Víctor Loarces (flauta traveseira). Os cinco formaron parte de agrupacións prestixiosas como a “Orquestra Xove de Galicia”, “Joven Orquesta de Castilla- La Mancha”, “Maribor International Orchestra”, e participan con orquestras profesionais como a “Orquesta Filarmónica de La Mancha”, “Orquesta Sinfónica de Castilla y León”, ou a “Orchestra National France”. A súa paixón pola música animounos a desenvolver proxectos para achegar a música clásica a todo tipo de públicos combinándoa ademais con pintura e arte, versións de grandes autores de tódolos tempos e outros estilos musicais. O sábado 16 haberá unha oportunidade única de velos actuar co seu proxecto musical.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



