Orzamentos, responsabilidade e formas antidemocráticas
Na noite do pasado martes tiña lugar en Ribadeo unha sesión plenaria chamada a ser unha das máis importantes do ano pois un dos puntos da orde do día consistía na aprobación dos orzamentos para o presente exercicio.
Neste pleno quedou de manifesto, unha vez máis, a actitude ditatorial e irrespectuosa do Alcalde quen, ademais, aparece nos medios de comunicación ofrecendo unha imaxe do pleno que en absoluto se corresponde coa realidade. Resulta tan falaz a versión que conta aos ribadenses o Sr. Suárez como que lle achaca a crispación que se produce a Manuel Valín cando este non interveu en ningún punto neste pleno.
O Partido Popular ven de solicitar no día de onte a gravación íntegra do pleno para poder transmitir á opinión pública os feitos desde a máis escrupulosa rigorosidade, reproducindo as verbas exactas de cada quen e os tempos das intervencións que desenmascararán as mentiras do rexedor sobre quén alonga as sesións e quén provoca a crispación. O Grupo Municipal do PP ten un especial interese en transmitir ós veciños a falla de respecto coa oposición na que se converteron os plenos.
Todos somos conscientes da maioría absoluta da que goza o goberno, pero o resto de concelleiros asumimos cun altísimo grao de responsabilidade a labor que nos teñen encomendado os ribadenses nas urnas e empregamos todo o noso esforzo en estudar e traballar os asuntos que se levan aos plenos. Desde o grupo popular pretendemos do equipo de goberno tan só que se nos explique a xestión que están a facer e demostramos a nosa seriedade e responsabilidade absténdonos na votación dos orzamentos e recoñecendo na nosa intervención a súa melloría con respecto aos anteriores en canto a concreción e realismo. A postura máis doada para os nosos concelleiros tería sido unha votación en contra sen que precisara máis traballo nin xustificación que a que o propio alcalde recoñeceu en un pleno fai uns meses (“eu tamén estiven na oposición e xa sei que a súa labor é votar en contra de todo”). Pero a postura adoptada polo noso grupo foi ben distinta, fíxose un estudo exhaustivo dos orzamentos que se nos propoñen e expuxéronse no pleno as diferenzas de criterio á hora de xestionar o diñeiro dos veciños e formuláronse algunhas cuestións que non estaban suficientemente explicitadas. Esta inxente labor vese enormemente dificultada polo escaso tempo co que se nos entrega a documentación (2 días antes das comisións informativas), máxime cando a oposición debemos atender á nosa vida laboral, a diferenza do goberno que ten dúas persoas con dedicacións exclusivas e máis dun ano de tempo pois no ano 2012 non aprobaron orzamento.
O grupo popular considera que o orzamento debería ter unha vertente moito máis social, acorde co discurso do propio BNG e non concorda en que se incrementen de xeito importante partidas como medio ambiente, cultura ou parques e xardíns cando Asuntos Sociais apenas sube uns modestos 6.000 €. Expóñense, así mesmo, aspectos a corrixir como a situación enormemente deficitaria da Escola de Música, que esta posúe unha dotación económica para o persoal bastante maior que a dos servizos económicos municipais, o enorme custo que supón a limpeza das dependencias propiedade do concello que ascende a máis de 125.000 €, etc,…
Ademais de enganar aos veciños na forma en que se desenvolveu o pleno, as declaracións do alcalde nos medios sobre os orzamentos están cheas de falsidades como cando di que o estado lle vai achegar menos diñeiro ó concello cando a participación nos tributos do estado increméntase en 317.467 € ou cando se arroga en “conseguidor” de que o tempo medio de pago a provedores mellorou substancialmente e se “esquece” de que vén de recibir un préstamo do estado para este fin que sacou miles de euros en facturas dos caixóns do concello e permitiu practicamente comezar de cero a lista dos pagos pendentes. Xa estamos afeitos á memoria selectiva e á interpretación libre da realidade do Sr. Suárez e, pese a que as súas intervencións nos plenos non teñen dereito a réplica, explicarémolo nos medios de comunicación e onde sexa preciso ata que os ribadenses descubran o seu xogo de dobre moral.
Volvendo ao desenvolvemento da sesión, nós cremos que un documento coma este, que amosa en qué se vai gastar o diñeiro dos ribadenses neste ano ben merece unha análise en profundidade e a quenda de intervencións da oposición prantexouse desde a serenidade, con lexítimas discrepancias pero recoñecendo a labor feita, o difícil momento no que estamos e anunciando que o voto non ía ser negativo. A harmonía rompeuna o Alcalde interrompendo as intervencións para reprochar que estaban a ser longas e recriminando as preguntas que se estaban a formular ao concelleiro de facenda. Pero a indignación chega cando el mesmo pon fin ao debate con un longo discurso político (por suposto sen posibilidade de réplica e no que se esquece do tempo) sobre as supostas bondades dos orzamentos, cheo de severas críticas ao resto de administracións e salpicado de reproches victimistas ao PP. Esta arenga comeza con reproches polo tempo da nosa intervención e polas preguntas formuladas e remata faltándonos ao respecto coa afirmación de que a oposición non lee a documentación.
O Sr. Alcalde de Ribadeo está amosando día tras día que o seu endiosamento é tal que, sabendo que vai contar cos votos suficientes para pasar o rodillo e sacar adiante o que se propoña, pretende que os plenos sexan un mero trámite onde a oposición se limite a votar en contra do goberno e, despachado o asunto en 5 minutos, poida irse para a súa casa e saír aos medios de comunicación ó día seguinte ofrecendo a versión que mellor lle conveña do asunto. Como non estamos dispostos a que isto suceda, a súa estratexia consiste en provocar unha crispación que “vender” á opinión pública atribuíndoa principalmente ao Partido Popular. O narcisismo do Sr. Suárez non lle permite escoitar e respectar aos demais (nin tan sequera aos seus propios concelleiros aos que increpa tamén en ocasións cando se esforzan en dar explicacións á oposición) e tan só se escoita a si mesmo regodeándose nos soporíferos mítines políticos cos que pecha cada punto da orde do día.
O grupo municipal do PP de Ribadeo convida encarecidamente a tódolos veciños a que asistan aos plenos e comproben de primeira man a impotencia que supón que coarten a nosa labor política, a falta de respecto coa que se nos trata e a falsidade das crónicas dos plenos que fai o Sr. Alcalde.
Grupo Municipal do PP de Ribadeo




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



