As propostas dos militantes lucenses inscritos no grupo sobre Modelo de Europa serán compartidas esta tarde na sede do Pino, coa vista posta na convención sobre esta temática que o PSOE celebra en Madrid a semana que vén e á que acudirá o secretario xeral lucense, José Ramón Gómez Besteiro.
Os grupos de traballo dos militantes socialistas en Lugo xa dan froitos, e esta tarde representantes do partido na provincia levarán a Santiago as primeiras ideas sacadas das reunións da militancia que xurdiron despois do encontro Partido Aberto, Goberno Aberto do pasado 15 de decembro na facultade de Veterinaria, no que o secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, trasladou esta proposta a petición dos participantes nesta cita. En concreto, os socialistas lucenses aportarán esta tarde as primeiras conclusións tiradas desde Lugo sobre o Modelo de Europa, na reunión de delegados de toda Galicia prevista sobre esta temática pola dirección do partido en Santiago, na rúa do Pino.
Os militantes lucenses inscritos neste grupo de debate mantiveron unha reunión onte á noite na sede do partido en Lugo e seguirán a traballar nos próximos días coa vista posta na Convención sobre o Modelo de Europa que o PSOE celebrará en Madrid a semana que vén, en concreto o 16 de febreiro, no marco dos actos previos á celebración da Conferencia Política do partido e á que acudirá José Ramón Gómez Besteiro. O secretario xeral lucense levará así ata Madrid as conclusións do traballo realizado pola militancia na provincia de Lugo. As seis temáticas diferentes dos grupos de traballo en Lugo foron adaptadas para poder confluír de forma coordinada co partido en Galicia e tamén nos cinco debates do PSOE a nivel federal, para poder trasladar do xeito máis eficaz as aportacións dos militantes e contribuír ao cambio e o debate de ideas no partido. As conclusións serán ademais recollidas nun documento final e compartidas coa cidadanía a través de reunións sectoriais na provincia.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



