ENXEÑEIROS DO ENTE AUTONÓMICO AUGAS DE GALICIA VISITARON HOXE A PONTE SOBRE O RÍO BATÁN NO CAMIÑO A E FARÁN UN INFORME PARA O SEU ARRANXO. MENTRES TANTO UN DOS CARRÍS QUEDARÁ CORTADO AO TRÁFICO E NO OUTRO SEGUIRÁ PROHIBIDO O PASO A VEHÍCULOS DE MÁIS DE 8 TONELADAS.
Lourenzá, 8 de febreiro de 2013. Técnicos do ente autonómico Augas de Galicia visitaron esta mañá o municipio de Lourenzá para ver o estado no que se atopa a ponte sobre o río Batán na estrada coñecida como Camiño A, concretamente no lugar de Sendín, pertencente á parroquia de San Xorxe. Mentres elaboran un informe sobre os arranxos que precisa a ponte danada polo temporal do pasado mes de xaneiro un dos carrís do vial quedará cortado ao tráfico e polo outro seguirá prohibido o paso para vehículos de máis de 8 toneladas.
Os técnicos de Augas de Galicia visitaron a zona acompañados pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, quen explicou que “a pesar de que a Deputación de Lugo e o Concello de Lourenzá están en trámites para asinar o convenio de transferencia do Camiño A, dende o Concello seguímonos preocupando por este vial e a raíz de que as riadas do 19 de xaneiro se levaran un tubo dos que están colocados por abaixo da estrada intentamos a través de Augas de Galicia buscar unha solución. Por iso hoxe estiveron aquí os enxeñeiros de Camiños do Servizo de Vixilancia, Mantemento e Conservación de Ríos de Augas de Galicia para ver in situ como está esta ponte sobre o río Batán e para informarnos do que deberíamos facer a fin de preservar a seguridade dos usuarios do vial e tamén para que sirva de base á colaboración que se poida levar a cabo entre Augas de Galicia e o Concello para o seu arranxo”.
“Dixéronnos que a loseta colocada polo Concello está ben construída e grazas a esa obra evitouse que as últimas riadas levaran a ponte, que agora aguanta perfectamente, pero o risco está en que a auga siga comendo espazo por debaixo e poda verse danada. Polo tanto temos que cortar un carril da estrada, aínda que xa está prohibido o paso para vehículos de máis de 8 toneladas, mentres se localiza o foco do problema e se busca unha solución, para o que os enxeñeiros de Augas de Galicia van facer un informe”, comentou Emma Álvarez despois da visita dos técnicos.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



