O pasado 20 de xaneiro a asociación “Os Sendeiros” de Foz realizou unha ruta por terras do Concello de Xove, Desde Morás á praia de Esteiro. A próxima será a “Ruta: Río Mandeo, Chelo-Betanzos” o domingo 24 de febreiro. A saída será ás 8.30 da mañá. O prezo para socios é de 25 euros e para non socio de 30 euros (viaxe e xantar incluído). Para anotarse ata o xoves día 21 nos teléfonos 670.36.90.17 ou 696.23.60.20. Tamén no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Recomendan levar equipo de sendeirismo e sinalan que a dificultade é baixa. Tamén indican que se pode anotar para a “Ruta do socio” ata o vindeiro 9 de marzo xa que as prazas son limitadas. Máis información en www.ossendeiros.es.























No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



