O xoves 14 de febreiro o Parador de Ribadeo acolle a xornada “A Rede Natura en Galiza: Como preservar o seu futuro? Ás nove e media da mañá o alcalde do municipio, Fernando Suárez Barcia, a eurodeputada do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda e a directora xeral de Natureza e Biodiversidade da Comisión Europea, Pia Bucella, serán os encargados de abrir esta xornada. Xa ás dez da mañá celebrarase a mesa redonda “As Catedrais, valor medioambiental e potencial económico.Unha aposta desde a sustentabilidade” coas ponencias de Valerià Paul Carril, profesor do departamento de Xeografía da Universidade de Santiago; Daniel Bispo, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA); e Martiño Nercellas Méndez, biólogo experto na Rede Natura. Cara ás doce do mediodía está prevista unha saída á Praia de Augasantas-As Catedrais.




















Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



