A asociación de veciños O Burgo de Trasbar ven de facer públicas as actividades que desenvolverán entre os meses de marzo, abril e maioo deste ano.
Por unha banda, recordan ós veciños e veciñas que o cursiño de ximnasia de mantemento que se está a celebrar os xoves no local social de Trasbar incluído no Programa Tempos da Área de Benestar Social e Deporte da Deputación Provincial se vai prolongar ata finais do mes de maio.
Por outra banda, o domingo 31 de marzo, na explanada da festa, celebrarase a Pascua. Para participar é preciso apuntarse no local social ou poñéndose en contacto coa directiva a través do enderezo electrónico burgodetrasbar@yahoo.es. O prazo remata o 24 de marzo e o prezo da actividade é de 12 euros por socios e 15 para os que non o son.
Xa en abril, desenvolverase un taller de bonecas impartido por Anartis Manualidades. Será o domingo 7 a partir das cinco no local social de Trasbar. As persoas interesadas en poden apuntarse ata o día 5 de abril. O taller é gratuíto para as persoas que sexan socias desta asociación, mentres que os que non son socios deberán pagar 5 euros.
E o vindeiro 12 de abril poñen en marcha o ‘Plan Acción’ mediante o que saen a limpar o río na zona de Susil. Esta actividade realizarase en colaboración cos voluntarios de Alcoa, así como coa colaboración de todos os veciños e veciñas que se animen a botar unha man. A falta de concretar a hora, contan con reunirse arredor das tres e media da tarde no local social de Trasbar.
Xa para o mes de maio, e con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a asociación o Burgo de Trasbar organiza a representación dunha obra de teatro que está previsto que se desenvolva o vindeiro 19 de maio.
Así mesmo, o 21 de maio a Garda Civil impartirá en Trasbar unha xornada de seguridade.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



