Na Mariña os máis afectados son o IES Perdouro de Burela e o IES Maria Sarmiento de Viveiro
Ribadeo a 19 de marzo de 2013.- Segundo un estudo feito pola CIG-Ensino, a Consellaría de Educación recorta nun total de 21 centros de ensino de Secundaria en máis dun 20% a partida destinada a gastos de funcionamento. En 123 centros de ensino de Secundaria, do total de 334 -o que representa un 36,82 % do total de Institutos de Educación Secundaria, Centros Integrados de Formación Profesional e Centros Públicos Integrados – a porcentaxe de recorte nesta partida supera o 9%. Este é o cadro ilustrativo dos recortes en porcentaxes:
|
Número de centros |
Porcentaxe de recorte |
|
21 |
Do 9% ao 10% |
|
19 |
Do 10% ao 11% |
|
14 |
Do 11% ao 12% |
|
13 |
Do 12% ao 13% |
|
8 |
Do 13% ao 14% |
|
6 |
Do 14% ao 15 % |
|
8 |
Do 15% ao 16% |
|
4 |
Do 16% ao 17% |
|
3 |
Do 17% ao 18% |
|
5 |
Do 18% ao 19% |
|
1 |
Do 19% ao 20% |
|
21 |
máis do 20% |
Na Mariña, os centros máis afectados por estes recortes son o IES Perdouro de Burela e o IES María Sarmiento de Viveiro. O primeiro sofre un recorte de máis dun 15,50 % con respecto ao ano 2012 (26.364 euros menos) e o segundo case un 13% (20.631 euros menos). A maioría destes recortes prodúcense en pequenas vilas e poboacións do rural. Na provincia de Lugo a redución aféctalle a máis de 15 centros e existen casos sangrantes como o centro integrado de Navia de Suarna onde se reduce nun 54,83 %.
A CIG-Ensino xa denunciara que no ano 2012, a partida destinada ao gasto de funcionamento destes centros foi de 31.108.000 de euros fronte aos 28.336.500 deste ano 2013. A este decrecemento do 9% respecto do ano 2012 habería que lle engadir o incremento dos prezos dos gastos que os centros teñen que facer fronte con esta partida, pois a calefacción, a luz, a auga, gastos de departamentos, material fusíbel, trasporte para actividades complementarias etc. tiveron unha suba importante en relación ao exercicio anterior.
A Consellaría con estes recortes persiste na súa cruzada contra o ensino público que impedirá o funcionamento normal dos centros e suporá un deterioro no desenvolvemento escolar e , mesmamente, na calidade do ensino. Téñase en conta que este estrangulamento faise aínda máis grave porque no ano 2012 os centros xa padeceron outro importante recorte na partida destinada a gastos de funcionamento e que estes recortes reduciran as partidas de moitos centros en máis de 20.000 euros polo que tiveron que restrinxir moito o gasto por exemplo de calefacción coas consecuencias que isto ten para o alumnado e para o desenvolvemento normal das clases lectivas.
O PP non ten cancelas na súa política educativa de desmantelamento constante e de redución das necesidades dos centros públicos, mentres malgasta diñeiro público en satisfacer os seus postulados ideolóxicos mediante o desvío de 240 millóns de euros ao ensino privado concertado, 3 millóns a centros que segregan alumnado por razón de xénero de forma anticonstitucional, 29 millóns para pagar profesorado de relixión ou máis de 200.000 euros en gastos extra para os centros privados destinados a servizos que non teñen os centros públicos. Cada día, a Consellaría de Educación anuncia un novo recorte no ensino público como son a ampliación do copago nos comedores escolares, a redución do profesorado, a non cobertura das baixas de menos de 15 días, o recorte de prazas para comedores, os recortes de gastos para bibliotecas escolares, formación do profesorado, actividades extraescolares, normalización lingüística, intercambios, etc, etc. Agora, con este novo recorte moitos centros terán serias dificultades para o seu funcionamento diario por non poder afrontar gastos que son necesarios como por exemplo en calefacción.
A CIG-Ensino exíxelle ao PP que deteña o seu empeño en desmantelar o ensino público porque isto supón, entre outras cousas, o incremento das desigualdades sociais e, polo tanto, que as consecuencias as paguen os máis desfavorecidos.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



