A Asociación Cultural Cántigas e Frores iniciará o vindeiro xoves a XXXI edición do Curso de Cultura Tradicional Galega que terá lugar na cidade de Lugo os días 28,29 e 30de Marzo de 2013.
Máis de oitenta alumnos, chegados dende lugares tan diversos como Cataluña, Pais Vasco, ou Madrid ademais de toda a xeografía galega, asistirán a este curso.
Lugo, a 26 de marzo de 2013: A Asociación Cultural “ Cántigas e Frores” iniciará o vindeiro xoves a XXXI edición do Curso de Cultura Tradicional Galega que terá lugar na cidade de Lugo os días 28,29 e 30 de Marzo de 2013.
Máis de oitenta alumnos, chegados dende lugares tan diversos como Pais Vasco, Cataluña ou Madrid ademais de toda a xeografía galega, recibirán ensinanzas sobre música e baile tradicional, e aproveitarán este curso para poder compartir experiencias no eido da cultura tradicional galega e así manter vivo un dos piares básicos da nosa identidade.
A Asociación Cultural “Cantigas e Frores” ven organizando de xeito continuado, durante os últimos 31 anos, este curso no que se ofertan ensinanzas relacionadas coa cultura tradicional galega e que dende o seu comenzo está ubicado temporalmente nas datas da Semana Santa.
Nestes últimos anos os esforzos céntranse en traer a Lugo un profesorado de calidade que suscite o interés do alumnado abarcando todos os estilos e escolas vixentes na música e baile galegos.
Nesta edición, impartiranse 4 especialidades (Técnicas de baile tradicional, de gaita, de percusión, e de canto e pandeireta) nas que se compaxinan os aspectos teoricos cos aspectos prácticos. Para impartir as aulas do curso contamos con grandes mestres de reconocido prestixio como Pablo Carpintero que impartirá o curso de gaita, Francisco J. Feijoo “Chisco”, o de técnicas de canto tradicional, Roi Adrio, técnicas de percusión tradicional, e Miguel Souto que impartirá o curso de técnicas de baile tradicional.