O Concello de Cervo presentou en rolda de prensa o programa completo da XXII Festa do Ourizo que terá lugar o 9 de marzo en San Cibrao nunha edición na que ademais se celebra o quinto aniversario da súa declaración como Festa de Interese Turístico Galego. Un acto que tivo lugar no edificio multiusos da Xunta en Lugo e no que estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Turismo, Begoña Alonso, o xefe territorial de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Manuel Rozas e un dos cociñeiros que participará este ano na festa, Pepe Vieira. Os tres foron os encargados de desvelar e facer públicas as numerosas novidades que inclúe o programa deste ano “co obxectivo de darlle un novo impulso a esta festa gastronómica tradicional no noso concello” na que se prepararán ata 7.000 quilos do equinodermo tal e como explica o rexedor.
A edil de Turismo foi a encargada de expoñer o programa, no que ademais das novidades, explicou aquelas actividades máis tradicionais e que se manteñen pola súa boa acollida ao longo destes anos. Alonso destacou o importante papel dos bares e restaurantes da vila, “que son el germen de la fiesta” xa que neles ofrécense degustacións de ourizo preparado en numerosas receitas. Nesta edición son 14 os locais de restauración da localidade que participan, un máis que o ano pasado, que prepararán as súas especialidades sempre co ourizo como protagonista. Algúns dos establecementos comezarán a servir os pratos dende o mediodía e outro farano dende as 18:00 horas.
Ao mesmo tempo, mantense o XII Concurso Gastronómico, no que están convocados a participar todos os establecementos hostaleiros que colaboran na festa. Un concurso co que o Concello pretende “promover la originalidad en la elaboración de los platos que se sirven en la jornada y que año tras año nos sorprenden, tanto por la creatividad e ingenio que demuestran los cocineiros, como por la versatilidad que demuestra el erizo” explica Alonso. Ao igual que en anos anteriores, haberá animación de rúa coas charangas Manca na Cheda de Mondoñedo, Charanga de Vilalba e Aturuxo de Ribadeo, así como os gaiteiros locais Airiños do Xunco.
As posibilidades do ourizo
Unha das novidades máis destacables atópase incluída nas XIII Xornadas Técnicas sobre o ourizo, que este ano terán un xiro culinario. Para comezar, a experta en cociña Pilar Martínez, máis coñecida como Pilar Lechuza, ofrecerá unha charla na que explicará como se limpa e prepara o ourizo, cales son as súas posibilidades, como aproveitar a súa versatilidade así como algúns consellos. Esta veciña de San Ciprián é a autora do blog www.lacocinadelechuza.com na que periodicamente publica as súas receitas e explica a súa elaboración paso a paso.
Un show cooking con “estrela”
Ao remate da charla chegarán Pepe Solla e Pepe Vieira, dous cociñeiros galegos de recoñecido prestixio e que viron recoñecida a súa labor entre os fogóns nos seus respectivos restaurantes con senllas estrelas Michelín. Pepe Solla e Pepe Vieira estarán na Festa do Ourizo para ofrecer un show cooking no que cociñarán ata 6 pratos diferentes co ourizo como ingrediente principal. Será un espectáculo de cociña en vivo no que cabe destacar que ambos cociñeiros interactuarán co público para facer o acto máis ameno a un tempo que os asistentes poderán coñecer receitas orixinais e innovadoras que explotarán o especial sabor do equinodermo.
É importante resaltar que nesta sesión de cociña o público tamén poderá degustar os pratos preparados, que serán acompañados con viño Albariño. “Es una oportunidad única para poder probar diferentes especialidades de erizo cocinado con las expertas manos de dos chefs con estrella Michelín, algo que no se hace todos los días” explica a edil de Turismo, Begoña Alonso.
Pepe Vieira e Pepe Solla seleccionaron eses 6 pratos de entre as múltiples receitas que eles inclúen nas cartas dos seus respectivos restaurantes. Vieira explicou durante a rolda de prensa que “nuestra cocina se basa en sacarle el mejor partido a los productos gallegos, que se encuentran siempre entre nuestros ingredientes principales y, por supuesto, el erizo es uno de ellos, aunque nosotros más que cocinarlo podemos decir que no lo cocinamos, porque crudo es como mejor se aprecia su sabor”. “Son productos que traspasan la frontera de los gastronómico para entrara en lo mitológico” engade o cociñeiro. Vieira tamén destacou que o ourizo galego “es el mejor del mundo” unha opinión que, dixo, é compartida por moitos dos seus compañeiros de profesión. O chef do restaurante Camiño da Serpe dixo que a principal característica que o fai especial e diferente “es la intensidad de su sabor y el componente de yodo que le dan nuestras aguas”.
Outra das novidades nesta edición é o emprazamento de boa parte das actividades, que estarán concentradas nunha carpa instalada na praza dos Campos e na que se ofrecerán as Xornadas Técnicas. Unha carpa que ademais “olerá a mar durante todo el día” explica Alonso xa que nela a Asociación Península da Paz de San Ciprián ofrecerá por primeira vez unha degustación de ourizo cocido. Dicir tamén que o Concurso Gastronómico desenvolverase na Casa da Cultura.
O alcalde cervense quixo aproveitar o acto de presentación para facer unha invitación pública a esta festa dirixida “a todas as persoas que desexen coñecer e degustar este exquisito produto do mar” e lembrou que en San Ciprián a recollida e consumo do ourizo ten anos de historia.






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



