Faime graza. Día da Muller Traballadora, din. E quédanse tan anchos. A min sáeme a vena crítica, esa que a gran maioría de nós desenvolveu tanto ultimamente a golpe de realidade e telediarios, e empréndoa a sarcasmos cuns e outros. O primeiro que me vén á cabeza é que, en realidade, estando o panorama como está, habería que celebrar o día dos currantes indíxenas. De calquera que traballe. E facerlles unha homenaxe. E que eses abnegados conciudadanos déannos unha instrutiva charla sobre como o conseguiron e confesen, ademais, a quen han ter que vender o seu primoxénito ou a súa alma para conservar os seus empregos nestes tempos escuros .
Despedimentos procedentes, crebas, insolvencias e demais desgrazas laborais. Agora ben, si ademais eses “privilegiados”, e hai que ver que cousas, que ata ganas de chorar éntranme ao chamalos así, pobriños privilexiados. Privilexiados por deixarse a pel nun posto de traballo no que lles pagan unha miseria e encima teñen que aguantar as ordes desapiadadas e abusivas dun tipexo mediocre que se cre o rei do mambo. Claro, como eles teñen o enorme privilexio de poder pagar a hipoteca.
Pois si encima eses “privilegiados” que teñen unha nómina a final de mes, dicía, conseguiron atopar emprego durante os últimos dous anos, xa é ata para mandarlle unha carta ó Papa arxentino pedindo que o declare milagre, díganme si non, porque a cousa ten mérito, e moito. Independentemente do sexo que teñan.
Pero si é que ademais a min, que queren que lles diga, celebrar que as féminas traballen paréceme un rollo como moi dos setenta, é dicir, obsoleto total. E miren que entendo que aos que vivimos á sombra de Franco aínda nos pareza algo do que asombrarse e co que regocixarse, pero non nos enganemos: neste momento, que unha muller estea incorporada ao mercado laboral non ten nada de excepcional. Afortunadamente.
Ademais, postos a ser tiquismiquis, a ver si as nosas avoas non traballaban. E bastante máis que nós, ademais. Porque elas non tiñan lavadora , nin supermercados nos que lles vendesen o polo xa desplumado, nin unha gardería na que lles coidasen aos sete fillos que tiñan, e iso polo baixo.
Para non cansalos, que o tema tampouco dá para tanto e estiralo máis, aburre: Que a min, iso do Día da Muller Traballadora, a estas alturas da película, non me parece senón outra forma de discriminación positiva, que non deixa de ser discriminación, pero politicamente correcta. Como eramos poucos, pariu a avoa, imos.
Agora, que si a cousa vai de celebrar xornadas ridículas, propoño o día do home fiel, o da avoa coida netos e o do neno ben educado. Non me dirán que neste momento non ten máis mérito calquera deles.
Alfonso Otero Regal

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



