O obxectivo do ciclo é, segundo Diana Durán, fomentar actitudes e valores coma a solidariedade mundial, a paz, a tolerancia, a xustiza social ou a defensa do medio ambiente.
Burela, 19 de marzo de 2013. O Programa de Atención ao Inmigrante e o Programa de Educación Familiar da Delegación de Igualdade do Concello de Burela en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade realizará unha actividade dirixida ao público infantil durante a vindeira Semana Santa.
A concelleira Diana Durán indicou que “aproveitando as vacacións escolares de Semana Santa, os días 25, 26 e 27 de marzo e tamén o 1 de abril vaise proxectar na Casa da Cultura un ciclo de cine infantil titulado Educando en Valores, posto que consideramos que é fundamental que as nenas e nenos perciban as interrelacións que hai entre as diferentes partes do mundo. A educación para o desenvolvemento é un proceso que fomenta actitudes e valores como a solidariedade mundial, a paz, a tolerancia, a xustiza social e a defensa do medio ambiente. Ademais, trátase de dotar ás nenas e nenos dos coñecementos que lles permitan promover eses valores e xerar cambios nas propias vidas e no seu entorno”.
Por todo isto, os días sinalados a partires das 17:30 horas vanse proxectar na Casa da Cultura as seguintes películas, “coas que pretendemos traballar os valores en idades temperás”, engadiu a edil popular. O luns, 25 de marzo, os nenos e nenas poderán ver Azur e Asmar. O 26 de marzo a película que se proxectará será Kirikú e as bestas salvaxes. O 27 de marzo, mércores, será o momento de disfrutar con James e o melocotón xigante e o 1 de abril proxectarase Happy Feet.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



