O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, estivo nas novas instalacións do Burela FS. O rexedor subliñou “o avance que supón contar cunhas instalacións máis cómodas e máis céntricas que as que tiña antes”. González Barcia agarda que “as xogadoras do Burela FS sexan capaces de liderar a clasificación da división de honra esta temporada e que eles repunten e destaquen tamén na súa categoría”. O alcalde dixo que “seguiremos a colaborar co Burela FS na medida das nosas posibilidades e atendendo á repercusión que o equipo ten a nivel nacional” e lembrou que “hai que tempo que asinamos un convenio de colaboración entre o Concello e o Burela FS”.
