Vén de consumarse a estafa das preferentes con quitas do 43% para os afectados de NGB, quitas que sen dúbida acadarán unha porcentaxe maior cando as persoas afectadas convertan as accións en líquido.
Lamentablemente, numerosos veciños e veciñas de Burela non son alleas a este problema que afecta a 62.000 galegos e galegas, como se puxo de manifesto no pleno municipal de xaneiro, no que o PP rexeitaba a proposta de moción presentada pola Plataforma de afectados polas participacións preferentes e subordinadas da Mariña. O PP de Burela rachaba así co consenso acadado na maioría dos concellos da Mariña, moitos deles gobernados polo propio PP.
O Sr. Barcia móstrase como un alumno avantaxado dos seus mestres Feijóo e Rajoy, e parece que vai a por nota. Non contento con rexeitar a proposta da Plataforma, o Sr. Alcalde presentou unha moción do seu propio partido como “proposta de alcaldía”, o que provocou a indignación entre as persoas afectadas que presenciaban o pleno.
Desde o grupo municipal do BNG defendemos a moción presentada pola Plataforma, como non podía ser doutro xeito, pois entendíamos que se debía continuar coa arbitraxe ao ritmo que se estaba a facer antes das eleccións galegas e que se debía asegurar a devolución líquida do 100% dos cartos investidos.
A medida que avanza a lexislatura e pleno tras pleno, ponse en evidencia de que lado está o PP de Burela. O goberno municipal, co Sr. Barcia á cabeza está a ser cómplice co roubo aos preferentistas, que verán como perden os aforros de toda unha vida. Unha vez máis constátase que o PP de Burela non goberna para os veciños e veciñas, senón que goberna seguindo o guión que lle marcan en Madrid e Santiago. O primeiro que debe facer o alcalde é escoitar e falar cos veciños e non darlles as costas como é norma desde que está á fronte do Concello.
Dous meses despois da celebración do mencionado pleno confírmanse os peores prognósticos e os veciños e veciñas afectadas verán como perden os seus aforros sen que o Goberno Municipal lles dese o seu apoio. O BNG de Burela lamenta profundamente que o Sr. Alcalde non teña dado a cara e quere mostrar a súa solidariedade e trasladar o seu apoio a todos os veciños e veciñas afectadas por esta estafa bancaria. Hoxe mesmo, o BNG, a través do grupo parlamentar no Parlamento Galego, solicitaba a comparecencia do presidente da Xunta, solicitude que foi rexeitada polo Partido Popular, facendo uso (e abuso) da súa maioría na cámara. Está claro cal é a forma que temos de facer política uns e outros. Desde logo temos claro que no BNG continuaremos a traballar polo interese xeral dos veciños e veciñas de Burela.
Consello Local do BNG-Burela





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



