Burela, 26 de marzo de 2013. O equipo de goberno cualifica de impresentable e rexeitable que unha concelleira do PSOE se interese en pleno por un asunto que lle incumbe directamente. Os populares pensan que son os socialistas os que defenden intereses persoais.
No equipo de goberno consideran que “no pleno do outro día quedou claro que o PSOE é un cesto de grilos e que o seu portavoz, Alfredo Llano, ten escasa ou nula autoridade entre os seus compañeiros, dado que a súa compañeira, a señora López Villar, pola súa conta e risco formulou unha pregunta nesta sesión sobre un asunto que a ela lle incumbe persoalmente. Entendemos que o portavoz quedou desautorizado e demostra que quen defende intereses persoais non é o PP senón o Partido Socialista”.
Desde o equipo de goberno burelés sinalan que “a situación de falla de traballo, de desidia e de apatía no grupo socialista demostra esa presunta falla de unión dentro do partido, xa que ao noso xuízo agora mesmo hai tres persoas que están a actuar como líderes do PSOE e non se sabe cal é en realidade o que manda”. Os populares explican que “por un lado está o portavoz, Alfredo Llano, que cada día parece que ten menos autoridade dentro do seu grupo e do partido, a pesares de ser o presidente local do PSOE. Llano parece moi centrado no seu traballo na Deputación de Lugo, aínda que tampouco se ve moito o que fai. É tan pouco o que fai que nin lle deixaron falar hoxe no pleno da Deputación sobre o Hospital da Costa. Por outro lado está Remedios López Villar, que se ve que está adquirir un protagonismo enorme, pero sempre mirando polo seu. E despois está un sindicalista arribista que é o señor Fernández Rey, que pretende liderar outra parte do partido”. Para o equipo de goberno burelés “esta situación do PSOE é mala para o funcionamento do propio Concello, non hai oposición, non hai labor de oposición, non hai labor de formulación de propostas. E é mala para os cidadáns porque ven que no PSOE tentan mandar todos. ¡Cómo está o Partido Socialista por dentro!”.
Para o grupo de goberno “xa quedou demostrado no pleno de hai uns días coa pregunta formulada pola señora López Villar preocupándose por si fora multada ou non. Iso é completamente absurdo, politicamente impresentable e absolutamente rexeitable que un concelleiro, que un membro da Corporación, se interese no pleno por un asunto que lle compete a el directamente como persoa. É evidente que o que ten esa señora é un afán de protagonismo desmesurado e que o que provoca é que a xente asista, entre sorprendida e sorrinte ao circo que hai montado dentro do PSOE”. Desde o equipo de goberno din que “é patético e lamentable que o Partido Socialista non teña outras cousas para saír nos medios de comunicación máis importantes que algúns asuntos persoais da señora López Villar”.
Os populares subliñan que “nos catro anos que o PP estivo na oposición nunca aparcamos os nosos coches no garaxe municipal, que está destinado aos coches oficiais, aos coches dos traballadores e traballadoras do Concello e tamén aos dos concelleiros e concelleiras do equipo de goberno. Sempre se fixo así, incluso cando gobernaba o bipartito. Xa sabemos que á señora López Villar lle preocupa moito ter onde aparcar, pero igual non lle preocupou tanto no seu momento a normativa municipal á hora de aparcar o seu coche noutros lugares de Burela”. E pregúntanlle á concelleira socialista si cumpriu sempre coas súas obrigas legais ou si ten algo que ocultar.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



