Daniel Vega Pérez.- Nestes momentos podemos analizar e observar como os cidadáns son enganados polo BNG – o pouco que queda desta parte do nacionalismo – e polo PSOE –mal xestor e único culpable da actual situación económica-.
Socialista, Obreiro e Español son termos que pasaron á historia dentro dun partido da mentira e da corrupción. Os amigos de Beiras: un grupo que se viste de ‘antisistema’ pero que se nutre do propio sistema. Moitos deles critican a política e o sistema actual pero o primeiro e o único salario que tiveron foi como deputado.
Estes partidos, que teñen un problema interno e que sofren un descrédito palpable nas urnas por ser responsables da actual situación, agora menten, engañan e queren crispar aos cidadáns.
Estes partidos, que agora non soltan a pancarta da demagoxia, queren manipular a voz da rúa, o día a día da xente, que ansía ver políticos de altura de miras, políticos que teñan como lema a verdade e o servizo público, a garantía de saber que os políticos están nas institucións para xestionar e investir o diñeiro dos cidadáns ao que contribúen con gran sacrificio.
Veciños, estes días estamos a vivir como se usa o hospital da comarca da Mariña, como arma de ataque contra a Xunta de Galicia, a casa de todos os galegos. Acusan ao Partido Popular de mentir.
Animo a todos a analizar e á reflexión coherente e verdadeira. Non podemos consentir que señores que non fixeron nada polo hospital agora realicen acusacións usando o engaño ‘torticeiro’ e a mentira sen fronteiras. Falamos de alcaldes con falta de compromiso coa verdade e afincados en teses partidistas con dose de virtualidade e pouca realidade. Falamos de dirixentes políticos ben pagados pero mal intencionados.
Exemplos como o vicepresidente da Deputación: gobernante de moqueta e despachos de luxo pero que brila pola súa ausencia e a súa falta de coherencia. Participa dun goberno que xestiona unha institución da cal o seu partido pide a súa eliminación, pero a final de mes, pódese aplicar o dito de “Amiga Inés, te quiero por mi interés”.
Animo ao señor Veiga e amigos a que dimitan. Amigos nacionalistas, non recordan a promesa electoral súa e dos seus compañeiros de viaxe da rosa socialista de ampliar o hospital e investir? Foron incapaces de dotalo economicamente. Iso chamase mentir señores. A verdade fainos libres. O Partido Popular vai ampliar e investir no hospital de todos os cidadáns, os únicos donos das arcas da Xunta de Galicia.
Daniel Vega Pérez, Presidente Provincial de Novas Xeracións


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



