Santiago, 26 de marzo de 13. O portavoz de pesca do Grupo Parlamentario Socialista, José Ramón Val, reclamoulle hoxe á Xunta que aproveite o comité científico sobre o caladoiro de Mauritania para recuperar a presenza dos buques cefalopodeiros galegos expulsados e a rebaixa da contía das licencias para os barcos que se dedican á pescada. O PP rexeitou esta moción presentada polos socialistas galegos no Pleno do Parlamento de hoxe.
Así o dixo no debate dunha moción que tivo lugar hoxe no Pleno do Parlamento, no que advertiu que a pasividade da conselleira de Pesca e do ministro Cañete provocou a expulsión de 24 buques cefalopodeiros galegos con 360 mariñeiros dende o 31 de xullo. Ademais, dixo, provocaron que a UE teña chegado a un acordo con Mauritania que “supón de facto o desmantelamento da flota galega.
Lamentou que os responsables de pesca do PP “non foron quén de elaborar nin defender os informes que din que non hai sobreexplotación” naquel caladoiro. A conclusión é que a flota da pescada ten que pagar catro veces mais pola mesma cota, a área de pesca redúcese un 40 por cento, incrementan a poboación nativa nun 60 por cento e obriga a entregar un 2 por cento das capturas a Mauritania.
José Ramón Val recrimina á conselleira do Medio Rural e do Mar e ao titular de Agricultura do Goberno do Estado de ter unha reacción “lenta” ante a negociación do acordo con Mauritania que os pillou “co paso cambiado”. O deputado socialista reprochoulles aos responsables de Pesca da Xunta e do Estado “a tardanza en escoitarse unha voz crítica”.
Condenou José Ramón Val que nin o Goberno do Estado nin da Xunta se persoaran na negociación “cos deberes feitos”, e aproveitaran os medios do ministerio e a consellería para elaborar un informe detallado e rigoroso sobre o estado da pesqueiría, ou polo menos defender os existentes.
O parlamentario socialista propuxo nesta moción instar á Xunta a realizar as xestións necesarias diante do Goberno do Estado e da Unión Europea para que rebaixar a contía das licencias para os barcos que se dedican á pescada dentro deste mesmo acordo pesqueiro.
Para José Ramón Val é “unha das peores negociacións que se recordan en toda a historia dos acordos pesqueiros”, xunto coa de Marrocos. O voceiro de pesca do Grupo Socialista salientou a coincidencia de gobernos do PP en Madrid e en Galicia co fracaso das negociacións pesqueiras cos países norteafricanos.
“En 1999 remataron con gran parte da nosa presenza no caladoiro marroquí, con Aznar e Fraga, e agora están a piques de rematar coa presenza en augas mauritanas en 2013, con Rajoy e Feijóo”, concluíu.
Pasividade
José Ramón Val recriminou a Rosa Quintana si foi o Goberno galego o que trasladou a Cañete a valoración do informe do verán de 2012, que levou ao ministro a consideralo moi positivo. Esixiu á titular de Medio Rural e Mar e ao ministro do ramo que “recoñezan que non fixeron os deberes”.
Salientou que o rendemento da pesqueiría medrou un 128% neste último ano de 8 a 18 kg por cada lance de media hora. Unha mellora considerable nos recursos do caladoiro respecto dos datos que se toman para o acordo “de hai cinco anos”.
O parlamentario reprocha a Quintana e Cañete que, “mentres espertan, os intereses pesqueiros galegos levan fora de Mauritania 8 meses”, con moitos mariñeiros sen cobrar porque non se puideron acoller as axudas”, insiste Val.



















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



