
2ª CATEGORÍA
O Club de Pádel Ego segue mantendo a segunda posición no seu grupo tras gañar ó Tenis Coruña. O equipo mariñán desprazouse esta fin de semana á cidade herculina para enfrontarse a un duro rival nunhas canchas complicadas, ó tratarse de canchas de muro. O Pádel Ego venceu por un axustado 2-3. As vitorias mariñás foron conseguidas polos irmáns Marcelo e Jacobo Gradaílle, Pachi/Diego Rey e Venancio/Ángel.
5ª CATEGORÍA
Pola súa bando, o Club de Pádel Ego B recibiu esta fin de semana ó líder do seu grupo o +QPADEL lucense. Os mariñáns rendiron a un gran nivel, podendo incluso levarse a eliminatoria, xa que o enfrontamento púxose moi de cara cun 2-1 a favor. Pero o gran nivel dos xogadores foi clave para que puidesen refacer e gañar por un apertado 2-3. Neste caso, as vitorias mariñás foron conseguidas por Mario/Miguel e Carlos Sanmartín/Gonzalo Santos. Esta derrota relega aos mariñáns á cuarta praza do grupo.
PRÓXIMOS ENCUENTROS
Este próximo fin de semana se produce un parón en la comptición debido a las festividades de Semana Santa.
Después de este parón el equipo de 5ª categoría del padel Ego afrontará su jornada de descanso y el de 2ª categoría se enfrentará en Viveiro al lider del grupo La Casona.








Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
