Volta a publicidade gratuíta, volta ao engano, volta a novas promesas mentireiras que non se sosteñen, para encubrir as anteriores, as que agora non queren cumprir. Que credibilidade pode ter un goberno que, logo de asegurar en repetidas ocasións ao longo de catro anos, que o Hospital da Costa non ía perder a súa autonomía e a súa capacidade de decisión, anuncia que vai facer todo o contrario ao prometido. Os gobernantes do Partido Popular demostraron que non teñen palabra, perdendo toda credibilidade para o pobo da Mariña, e mentres, os alcaldes populares dos distintos Concellos, deixan ben claro, que gobernan en contra dos intereses xerais das súas veciñas e veciños, para salvagardar a súa cadeira de brazos, os seus intereses particulares, dándolles as costas os pobo para render cega obediencia a un Presidente traidor coa nosa Comarca
Coa pretensión de confundir a cidadanía e desmobilizar as protestas, para levar a cabo de xeito silencioso o desmantelamento do noso hospital, comezan publicitando a ampliación que tanto necesita este Centro. Visto que con iso non convencen, lanzan a promesa de crear unha unidade de cirurxía vascular e outra de quimioterapia, e para facer máis crible o engano, aproban no consello da Xunta, outra licitación dun Plan Director. O que non explican as e os cidadáns e que no 2008, xa se licitou un Plan Director para ampliar o noso Hospital e aí quedou todo, que o Plan Director para aumentar o Hospital de Ourense, foi aprobado a comezos de 2010 e nunca se soubo mais de esa ampliación, o que non contan, e que un Plan Director simplemente é un estudio das necesidades que ten un Centro e non compromete a que se leven a cabo obras de ampliación.
Si as palabras de Feijóo anunciando a ampliación e o aumento de servizos fosen verdade, si houbese un residuo de credibilidade en todo isto, como se entende que un Xerente veciño da Mariña, médico en urxencias dende o nacemento deste Centro, defensor dunha sanidade autónoma que protexa a súa permanencia e posibilite o seu crecemento na Mariña, o Popular, José Insua, presente o venres día 13 a súa dimisión como Xerente. O xerente xa non cre os contos de Feijóo ao igual que todas e todos os profesionais sanitarios, que coñecen ben as consecuencias de pasar a depender de Lugo.
Dende o SERGAS, o Director de Asistencia Sanitaria Félix Rubial, cuestiona a viabilidade futura do Hospital da Costa e como argumento, culpabiliza a os especialistas por buscar destinos mais apetecibles fora da Comarca, cando a realidade é que temos especialistas como Anestesistas, oftalmólogas e demais facultativos vivindo unha situación laboral totalmente precaria, firmando contratos cada tres meses, coa incertidume de si mañá seguirán tendo traballo, e inda así, moitas e moitos deles, quédanse no noso Hospital da Mariña. É a propia Consellería quen favorece a fuga de especialistas ao non ofertar contratos estables, esa mesma Consellería que agora acusa a aqueles que se foron cara outros hospitais en busca de estabilidade laboral. Mais argumentos falsos que xa non convencen a ninguén.
Dende CIG-saúde ESIXIMOS o cumprimento da promesa dunha xestión propia para o Hospital e os Centros de Saúde da Mariña, porque temos claro que de non ser así, asistiremos ao comezo da hemorraxia dos nosos servizos sanitarios, co resultado de morte para o Hospital Xeral da Costa e os nosos Centros de Saúde.
Nota de prensa CIG-Saúde
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



