Ribadeo acollerá un novo ciclo de Conferencias sociais co-organizado pola Parroquia e a Asociación Católica de Propagandistas nas datas próximas á Semana Santa, como xa ven sendo habitual. O sábado 16 de marzo, Javier Morillas, Catedrático de Economía da Universidade CEU San Pablo e tertuliano de 13tv e da cadea COPE, falará sobre a economía e a aportación que poden facer os católicos na actual situación baixo o suxerente título “Economía, espacio público e Nueva Evangelización”. O 13 de abril, case un mes despois, o xornalista Leopoldo Seijas disertará sobre a Virxe María no ano da fe e o que a Nai da Igrexa aporta para a nova Evanxelización. As conferencias serán ás oito e media no salón de actos da Casa do Mar.
Ribadeo acollerá o cuarto ciclo de conferencias sociais
Ribadeo acollerá o cuarto ciclo de conferencias sociais
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional