Os Sendeiros de Foz celebrou o Día do socio o pasado domingo cunha ruta de sendeirismo por terras e parroquias do concello focense. Os máis de 50 participantes tiveron un día bastante bo a pesar dalgún pequeno chuvasco. A xornada comezou ás 9 da mañá desde a Casa do Concello e rematou cunha boa comida no Tangarte mariñeiro en Foz.
