A Área de Cultura da Deputación publicou no BOP do luns 4 de marzo as bases das axudas a entidades asociativas de eido cultural. Trátase de subvencións – dotadas cunha partida orzamentaria de 400.000 euros- outorgadas en réxime competitivo a aquelas asociacións con sede ou delegación social en Lugo para a realización de actividades culturais durante o 2013. As actividades de carácter anual poderán recibir un máximo de 8000 euros, mentres que ás actividades puntuais outorgaráselles un máximo de 6000 euros. A convocatoria que será realizada polo Ilmo. Sr. Presidente e que incluirá o prazo que se conceda para a presentación de solicitudes, será publicada no “Boletín Oficial da Provincia”, web da Deputación e nos medios de comunicación.
Subvencións a asociacións culturais
Subvencións a asociacións culturais
Relacionado
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas