Rey Varela considera que “é xusto” recompensar á única administración pública que reduciu o seu endebedamento o pasado ano.
A Federación presenta o seu ciclo de conferencias sobre municipalismo co que conmemora os seus primeiros 25 anos de existencia.
SANTIAGO. A Comisión Executiva da Fegamp apoiou hoxe a proposta do seu presidente, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, para que o debate aberto sobre a relaxación dos obxectivos de déficit tamén beneficie á administración local, e non se limite á autonómica e a estatal.
Segundo estableceu o Ministerio de Facenda, os concellos deberán ter “déficit cero” para os anos 2013 e 2014, despois de que en 2012 se establecese o tope no 0,3% do PIB.
Con todo, os datos do Ministerio relativos ao ano pasado “demostran que os concellos de toda España foron a administración máis austera e responsable”, pechando o exercicio “en apenas o 0,15%”, é dicir, “a metade do que fixara o Goberno”.
Por iso, “e aproveitando que se abriu un oportuno debate sobre o financiamento autonómico, no que se dá por feito que se relaxarán obxectivos de déficit se o autoriza Bruxelas”, Rey Varela considerou que “tamén sería conveniente elevar ese déficit cero para as entidades locais en 2013 e 2104”.
“Parécenos un acto de xustiza cunha administración responsable como somos os concellos”, engadiu o rexedor ferrolán nunha rolda de prensa celebrada esta tarde na sede da Fegamp. “Merecemos o voto de confianza de que seguiremos sendo cumpridores, de que seguiremos sendo responsables”.
A preguntas dos xornalistas, José Manuel Rey estimou que a elevación do tope de déficit deberá ser “proporcional” ao que se lle permita ás restantes administracións públicas do Estado.
Mentres que o resto de administracións públicas non só non cumpriron senón que elevaron o seu déficit respecto do que estaba previsto, as entidades locais non só cumpriron, senón que rebaixaron a súa contía á metade respecto ao ano 2011, reducindo a súa débeda en 2.200 millóns de euros, segundo datos da FEMP. “Isto deixa claro unha vez máis que os concellos non somos os responsables do problema do déficit en España”, apuntou José Manuel Rey.
Conferencias para un aniversario
José Manuel Rey tamén presentou hoxe publicamente o ciclo de conferencias co que a Fegamp quere conmemorar os seus primeiros 25 anos de existencia. As xornadas, que se celebrarán en Santiago de Compostela os próximos días 26 e 27 de abril, terán por título “25 anos de municipalismo: Pasado, presente e futuro da administración local”.
“Temos a sá ambición de que sexa o foro de debate municipalista máis importante do ano en España”, sinalou Rey Varela. Nel, abordaranse os temas que máis preocupan aos alcaldes e alcaldesas de toda Galicia, para o que se contará ademais con participantes do resto de España.
“Porque só entendendo que non hai unha única realidade municipal senón que hai moitas, e ben distintas, pódese realizar un achegamento adecuado aos problemas da administración local”, explicou o tamén alcalde de Ferrol. O programa contará con dúas conferencias e catro mesas redondas nos que se abordarán asuntos tan relevantes como a reforma da lei de bases, as deputacións, as smart-cities ou os modelos municipais doutros países europeos.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



