Antonio Veiga criticou que “co seu afán centralizador o PP está a desmantelar e afastar da cidadanía servizos que desde hai 30 anos se prestaban na Mariña e Monforte”.
“O desmantelamento das oficinas da Axencia Tributaria de Foz e Monforte provocará un encarecemento dos servizos ao ter que desprazárense a Lugo e terá consecuencias directas sobre todo para os autónomos”.
Lugo, 5 de abril 2013. Esta mañá, na rolda de prensa trala Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, vicepresidente nacionalista da Deputación, Antonio Veiga, instou ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas “a seguir prestando os servizos que até o de agora se ofrecían á cidadanía na administración da Axencia Tributaria de Monforte e da Mariña, evitándolle á veciñanza do sur de Lugo ter que desprazarse para realizar todo tipo de trámites e impedindo que un servizo público se afaste dos cidadáns que atende. O PP estase enfrontando ao pobo, que lle contesta cada día na rúa, ao executar constantemente políticas centralizadoras e discriminatorias co rural baixo o amparo dunha falsa austeridade”
Tal e como explicou Antonio Veiga, “a reordenación á que se ven sometidas as oficinas provocará que para moitas xestións as persoas teñan que desprazarse da Mariña e de Monforte a Lugo, co consecuente trastorno persoal, familiar, laboral e económico. Unha vez máis vemos como a política do PP evidencia os seus intereses centralizadores, negándolle á cidadanía das comarcas do rural uns servizos que tiveron desde o ano 1985 até o de agora e desprezando claramente a unhas poboacións fronte a outras. Até agora as declaracións de IRPF ou IVE, xunto coas tramitacións de aprazamentos de pago ou presentación de recursos, é dicir, a tramitación de expedientes de principio a fin, podíanse realizar nas oficinas de Monforte e Foz. De agora en diante estas xestións poderemos inicialas pero a revisión ou tramitación final do expediente non poderá facerse nestas localidades, coa conseguinte necesidade de desprazarse”.
“Ao centralizarse o sistema de xestión por módulos van verse especialmente afectados os traballadores autónomos, que si ou si van precisar de desprazarse a Lugo para xestionar a súa documentación. Esta medida supón un claro ataque e vai totalmente en contra das políticas de apoio ao emprendemento e aos autónomos que deberían levarse a cabo” – afirmou Veiga.
Por todas estas razóns, Antonio Veiga afirmou que “vemos como esta reforma semella unha invitación ao peche da aministración da AEAT en Foz e Monforte, desmantelando de forma paulatina un servizo público fundamental. Isto é o que se pode desprender da resolución do 15 de febreiro de 2013 na que textualmente di ‘se continúa con el proceso de especialización de las funciones de control, al tiempo que se garantiza un nivel adecuado en los servicios de información y asistencia que se prestan a los ciudadanos’: está claro, un paso a meras oficinas de información que non se xustifica nin polo aforro económico nin obxectiva nin tecnicamente”.
“Ademais, isto traerá consecuencias laborais para os traballadores das oficinas da AEAT, xa que nun futuro poderían verse obrigados a cambiar o seu posto de traballo a Lugo, polo que tamén demandamos que os postos de traballo se manteñan nos seus respectivos lugares como até o de agora” – declarou Antonio Veiga.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



