Foz, 26 de abril de 2013. A xunta directiva da asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Foz agradece a participación nos actos conmemorativos do 25 aniversario do colectivo de representantes de diferentes institucións (Xunta de Galicia, Parlamento galego, Deputación Provincial de Lugo, Mancomunidade de Municipios da Mariña e Concello focense), das Acias doutras localidades da Mariña (Ribadeo e Burela), dos medios de comunicación da zona e do empresariado local.
As actividades empezaron cunha mesa redonda celebrada na casa de cultura que contou coas intervencións dos ex presidentes de Acia Foz, Suso Fernández e Manuel Alberto Fraga, e do actual, José Carlos Paleo; do presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, da delegada territorial da Xunta na provincia de Lugo, Raquel Arias; do vicepresidente primeiro da Deputación Provincial, Antonio Veiga; da vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez; e do alcalde focense, Javier Castiñeira. O acto contou coa actuación musical de Arcadio Mon e María Galdón.
Posteriormente celebrouse unha cea no hotel restaurante Leytón, na que participaron máis de cen persoas e no transcurso da cal foron entregados os premios aos mellores clasificados na décima edición da ruta de tapas organizada por Acia Foz. O cuarto premio, que recibiu a Cafetería Pastelería Anduriña, de María Oliva Trigo Fernández e José Ramón Río Castro, foi entregado por José Carlos Paleo. O terceiro premio, que correspondeu á Cafetería Pastelería Restaurante Xoima, de Ángeles Piñeiro Basanta e Fernando López Díaz, entregouno José María Seijas. O segundo premio, logrou o Restaurante A Maseira, de Remedios García Rodríguez, foi entregado por Manuel Alberto Fraga. E o primeiro premio, que foi para A Casa da Roxa, de Mari Carmen García López e Herminio Barreira García, entregouno Suso Fernández.
O alcalde entregou un obsequio do Concello ao presidente de Acia Foz en lembranza desta celebración do 25 aniversario e a velada rematou coa actuación musical de J. Santana.
Todos os asistentes á cena recibiron un agasallo conmemorativo de Acia Foz e os establecementos asociados recibirán nos vindeiros días un regalo da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo.
Premios II Ruta dos Viños
Por outra banda, esta mañá tivo lugar a través de Radio Foz, o sorteo dos premios que puxo en xogo a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos dentro da segunda Ruta dos Viños que tivo lugar hai unhas semanas.
O primeiro premio consistente en 300 euros en vales para gastar na hostalería local que participou na ruta foi para Mercedes Bouza Rego, que ademais recibirá o diploma de Ruteira maior. O segundo premio dotado con 150 euros foi para Emilio Acebo Losada. E o terceiro premio composto de 4 vales por importe de 100 euros cada un foron para Mónica Fiallega Gómez, Hilario Manuel Fiallega Campos, Nieves Díaz Iglesias e Rosi Calvo Gutiérrez.
Estes premios sorteáronse entre os clientes que selaron a tarxeta nos 29 locais participantes na II Ruta dos Viños.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



