Dicía Bertrand Russell (filósofo analista, novel literatura):
“A humanidade ten unha doble moral: unha que predica e non practica, e outra que practica pero non predica”
A pregunta é, ¿en cal modalidade encadramos ós nosos políticos? Vistos os feitos, a resposta é sinxela, “non teñen moral”, tanto é así, que a desafección da sociedade chegou a un grao máximo de desconfianza e indignación propiciando un estado de desgoberno cuias consecuencias son imprevisibles.
A reflexión debe partir, e parte, dos xubilados, homes e mulleres de idade media (70 anos), artífices dunha Transición Política cara a Democracia que con traballo, austeridade e responsabilidade propugnaron, aportando o mellor de si, coa esperanza de lograr un Estado de benestar para os seus descendentes (que a eles se lles negou).
A cidadanía en xeral (traballadores, autónomos, empresarios, profesionais, funcionarios) comprenderon a situación (tras 40 anos de dictadura) e con coraxe e sacrificio, e sobre todo con alta moralidade acadaron facer a Transición Política Democrática do noso país.
Pasados 35 anos baixo gobernos chamados democráticos, chegamos a unha situación caótica donde todo vale a calquer precio, a cultura do diñeiro, a corrupción desmedida baixo un materialismo extremo, a pérdida de valores, o desprecio ás Institucións, unha situación creada por un afán de poder desmedido, unha falla de diálogo e sensibilidade coas clases desfavorecidas, unha situación consentida por unhos gobernantes mediocres, interesados, actuando de antidemócratas ó anteponer os seus intereses ós do pobo polo que foron elexidos, cuio comportamento é tan vergoñento que serve de mofa nas redes sociais.
Xustificando a súa labor na concepción absurda de “todos somos culpables”; non é verdade, os verdadeiros culpables son os representantes do pobo, elexidos para gobernar, os cidadáns somos os incautos á hora de confiar o noso destino en desaprensivos políticos que abusando da nosa candidez e boa vontade, están propiciando unha herencia pobre e miserenta para os nosos descendentes.
Necesitamos unha segunda Transición Democrática (de verdade), único medio de rexeneración dunha sociedade ignorada, estafada e vilipendiada.
Unha Transición que corrixindo os erros do pasado, se adapte ós novos tempos e permita promulgar leis e normas baixo ideas morais estrictas para unha convivencia tranquila, segura e xusta, e para este camiñar “non hai que sentarse no camino, hai que poñerse de frente ó que temos que andar e de costas ó andado” (proverbio chino).
Unha Transición comandada por políticos honestos, responsables (que os hai), donde a honorabilidade sexa a máxima na representación do pobo á hora de lexislar, para acometer as reformas pendentes corrixindo certas lagunas da Transición (1978). Reformas: electoral, territorial, administrativa, laboral…
Uns políticos solventes e valentes (non predicadores que gobernan a golpe de reivindicacións da cidadanía na rúa), que devolvan á sociedade a confianza, a seguridade nun Estado de Dereito respetado, é dicir, necesítanse estadistas non electoralistas de 4 anos.
Chegados a esta situación, a voz dos xubilados, artífices da 1ª Transición, e unha denuncia cívica que nos permite vaticinar que de non acometer con urxencia a 2ª Transición (Democrática de verdade), a herencia que estamos xerando merece unha reprobación das novas xeracións, que si están preparados para liderar tal empresa.
Val do Ouro
08-04-2013
Quique Geada
Ex – Alcalde
Partícipe da Transición Democrática 1978


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



