Cosme Pombo critica que “co seu afán centralizador o PP está a desmantelar e afastar da cidadanía servizos que desde hai 30 anos se prestaban na Mariña e Monforte”.
“O desmantelamento das oficinas da Axencia Tributaria de Foz e Monforte provocará un encarecemento dos servizos ao ter que desprazárense a Lugo e terá consecuencias directas sobre todo para os autónomos” afirmou Cosme Pombo.
Lugo, 8 de abril de 2013. Esta mañá, o deputado lucense do BNG no Parlamento Galego, Cosme Pombo, anunciou que o BNG demandará que o Parlamento Galego se pronuncie e inste ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas “a seguir prestando os servizos que até o de agora se ofrecían á cidadanía na administración da Axencia Tributaria de Monforte e de Foz, evitándolle á veciñanza do sur de Lugo e da Mariña ter que desprazarse para realizar todo tipo de trámites e impedindo que un servizo público se afaste dos cidadáns que atende. O PP estase enfrontando ao pobo, que lle contesta cada día na rúa, ao executar constantemente políticas centralizadoras e discriminatorias co rural baixo o amparo dunha falsa austeridade”.
Tal e como explicou Cosme Pombo, “unha resolución do 15 de febreiro de 2013 alude ao “actual escenario de austeridade presupostaria” e fala da procura “de maior eficacia e eficiencia posible, xunto coa optimización e racionalización dos recursos dispoñibles”, como principios inspiradores da actuación da Axencia Tributaria, pero en ningún momento se fala de que estas medidas supoñan un aforro e, se o supoñen, desde logo non para o cidadán, que vai ter que desprazarse a Lugo para facer os seus trámites. A reordenación á que se ven sometidas as oficinas provocará que para moitas xestións as persoas teñan que desprazarse da Mariña e de Monforte a Lugo, co consecuente trastorno persoal, familiar, laboral e económico. Unha vez máis vemos como a política do PP evidencia os seus intereses centralizadores, negándolle á cidadanía das comarcas do rural uns servizos que tiveron desde o ano 1985 até o de agora e desprezando claramente a unhas poboacións fronte a outras. Até agora as declaracións de IRPF ou IVE, xunto coas tramitacións de aprazamentos de pago ou presentación de recursos, é dicir, a tramitación de expedientes de principio a fin, podíanse realizar nas oficinas de Monforte e Foz. De agora en diante estas xestións poderemos inicialas pero a revisión ou tramitación final do expediente non poderá facerse nestas localidades, coa conseguinte necesidade de desprazarse”.
“Ao centralizarse o sistema de xestión por módulos van verse especialmente afectados os traballadores autónomos, que si ou si van precisar de desprazarse a Lugo para xestionar a súa documentación. Esta medida supón un claro ataque e vai totalmente en contra das políticas de apoio ao emprendemento e aos autónomos que deberían levarse a cabo” – afirmou Cosme Pombo.
Por todas estas razóns, Cosme Pombo afirmou que “vemos como esta reforma semella unha invitación ao peche da aministración da AEAT en Foz e Monforte, desmantelando de forma paulatina un servizo público fundamental. Isto é o que se pode desprender da resolución do 15 de febreiro de 2013 na que textualmente di ‘se continúa con el proceso de especialización de las funciones de control, al tiempo que se garantiza un nivel adecuado en los servicios de información y asistencia que se prestan a los ciudadanos’: está claro, un paso a meras oficinas de información que non se xustifica nin polo aforro económico nin obxectiva nin tecnicamente”.
“Ademais, isto traerá consecuencias laborais para os traballadores das oficinas da AEAT, xa que nun futuro poderían verse obrigados a cambiar o seu posto de traballo a Lugo, polo que tamén demandamos que os postos de traballo se manteñan nos seus respectivos lugares como até o de agora” – declarou Cosme Pombo.


















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



