Cervo, 15 de abril de 2013-O delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e os alcaldes dos municipios pontevedreses de Rodeiro e Agolada, Luis López Diéguez e Ramiro Varela respectivamente, visitaron esta mañá a vila de Cervo co obxectivo de coñecer de primeira man o funcionamento da nova EDAR, que xa funciona na localidade dende mediados do ano pasado e que foi inaugurada a finais de marzo. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, e técnicos municipais acompañaron aos visitantes.
Unha Estación Depuradora de Augas Residuais que ten como peculiaridades a utilización dun sistema de tratamento pioneiro e innovador a través de plantas acuáticas macrofitas en flotación que depuran a auga. Un método ecolóxico e eficiente polo que se interesaron estes responsables públicos que, ademais de visitar as instalacións, recibiron as correspondentes explicacións sobre o seu funcionamento por parte dos técnicos.
A depuradora de Cervo é, na actualidade, a máis grande de Galicia de entre as que dispoñen deste sistema tendo en conta a ampla extensión de terreo necesario para albergar as plantas acuáticas Ao mesmo tempo, foi a segunda da comunidade en contar con este método.
A edil de Medio Ambiente explicou que “el delegado y los alcaldes tenían conocimiento de que este sistema está funcionando muy bien y de hecho, así es ya que a través de las plantas macrofitas, que actúan de filtro, conseguimos numerosos beneficios, como el ahorro energético y la garantía de un proceso ecológico, eficiente, de calidad y extremadamente respetuoso con el medio ambiente”.
A EDAR de Cervo foi financiada por Augas de Galicia, que investiu 1,3 millóns de euros para facer posible este equipamento. Un importe no que tamén se inclúe a instalación de máis de 1.000 metros de tubaxes para a recollida de augas pluviais e outros 1.000 metros para residuais no núcleo cervense.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



