Ribadeo, 18 de abril de 2013. Un total de 56 bares, mesóns e restaurantes da vila e das parroquias participarán na oitava edición do certame gastronómico Ribadeo de tapeo do 10 ao 19 de maio, que organiza o Concello ribadense. A edil de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, subliña que unha das novidades deste ano será un dispositivo para móbiles a través do que se poderá seguir esta cita coa cociña en miniatura.
A concelleira nacionalista sinalou que “este ano o Ribadeo de tapeo entra xa na súa oitava edición, que se vai celebrar entre os días 10 e 19 de maio e conta con máis participantes que na anterior, xa que falamos de 56 entre bares, mesóns e restaurantes, tanto da vila como de parroquias, fronte aos 51 do ano pasado. Salientar que a maioría dos novos establecementos de hostalería que abriron durante este ano tamén se foron integrando neste certame”.
Martínez dixo que “ano máis Ribadeo de tapeo é a cita por excelencia da micro cociña, desa cociña en miniatura que busca enxalzar e por en valor os produtos da terra, tan bos e tan saborosos, combinándoos co enxeño dos cociñeiros para facer así unha mestura de olores, de sabores e de sensacións para os nosos padais”.
A dinámica do concurso segue a ser a mesma, “é dicir proporciónaselle a cartolina ao público na que se irán selando polos establecementos segundo se vaian saboreando as tapas, o que nos vai ir permitindo entrar a formar parte do concurso que, coma sempre, contará con diversos premios”, engadiu a concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo.
Ana Martínez indicou que “como novidade este ano contamos cunha aplicación para teléfono móbil, que vai ser gratuíta e estará activa para as dúas plataformas, IOS e Android, e que se pode baixar a través dos códigos QR que estarán indicados nos establecementos ou ben para a xente que non estea en Ribadeo e que a queira baixar pode facelo a través dunha páxina web. A través desta aplicación podemos ver e seguir os establecementos participantes, que van estar xeoposicionados, e tamén ir vendo as tapas. Así pois buscamos que a xente se integre no concurso cunha participación máis interactiva na que o público tamén poderá dar a opinión sobre as tapas, aínda que este ano non se vai utilizar para a votación oficial. Tamén se poderán seguir a través desta aplicación as actividades que se desenvolven arredor do evento e que, coma sempre, farán disfrutar a cantos se acheguen a Ribadeo durante o tapeo”. A edil ribadense engadiu que “para isto contamos este ano, por segunda vez, cos Soños Gastronómicos, no que os hoteis se van integrar no tapeo e van facer descontos, agasallos e actividades varias que permitirán aos nosos visitantes durante estes días pasar a noite en Ribadeo a un prezo máis económico”.
Ana Martínez convida “a todas e a todos a marcar este evento, do 10 ao 19 de maio, nas súas axendas e achegarse a disfrutar do Ribadeo de tapeo”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



