– Gómez Besteiro participou hoxe na entrega dun talón por valor de 2.600 euros conseguidos coa reciclaxe de 10 toneladas de tapóns das máis de 20 que se levan recollidas ata o momento con esta popular iniciativa consistente na creación dun banco de tapóns na provincia
– Esta iniciativa é posible grazas á colaboración da Fundación Puro Cora, a Deputación, o Concello de Lugo, o Colexio de Farmacéuticos de Lugo, a Asociación Española de Loita contra o Cancro de Lugo, Aspnais e as empresas Allplas, Prelo, Envialia e Contemar
– Un comité profesional, formado por unha médico, unha psicóloga, unha farmacéutica e unha traballadora social, valora a prioridade dos expedientes médicos recibidos para destinar os fondos que se recaden coa recollida e venda dos tapóns de plástico
O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, participou hoxe no acto de entrega do primeiro talón conseguido coa iniciativa solidaria Os Tapóns dan vida e coidan o medio ambiente, posta en marcha pola Fundación Puro Cora e que conta, entre outras, coa colaboración da institución provincial. Trátase dun banco de recollida de tapóns de plástico en toda a provincia, para recadar fondos co obxectivo de axudar a nenos e mozos con enfermidades graves e dependentes, ó tempo que favorece o coidado do medio ambiente coa reciclaxe destes materiais. Dende o primeiro momento tivo unha gran acollida entre a sociedade lucense, pois en tan só un días xa se sumaron á acción máis de 2.100 persoas na rede social Facebook e xa se levan recollidos máis de 21.000 quilogramos de tapóns de plástico. A primeira beneficiaria é a Lucía, que naceu sen unha man e cuxa nai, Nuria Cobo, recibiu hoxe un talón por valor de 2.600 euros –correspondentes á unha primeira entrega de 10 toneladas de tapóns-.
No acto, que tivo lugar na sede do diario El Progreso, tamén estiveron presentes a anfitriona, Blanca García Montenegro, presidenta da Fundación Puro Cora; a secretaria do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Lugo, Guadalupe Penzol; a presidenta da Asociación Española de Loita contra o Cancro de Lugo, María Concepción de Martín; a presidenta da Asociación de Pais e Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual (ASPNAIS), Conchita Teijeiro; o director de Allplas e presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Ceao, Ángel Lugilde;o director de Transportes Urgentes Envialia-Lugo, José Ramón Portos; o director de Cartones y Plásticos Contemar, Miguel Abel Real; a traballadora social de ASPNAIS e membro do comité de expertos, Blanca Roibás e a responsable da organización e selección de tapóns, Lucía Vázquez.
O nacemento da iniciativa
Esta iniciativa altruísta, coa que se formou unha rede de puntos de recollida por toda a provincia, foi posible grazas ó impulso da Fundación Puro Cora e á colaboración da Deputación de Lugo, o Concello de Lugo, o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Lugo, a Asociación Española de Loita contra o Cancro de Lugo, Aspnais e as empresas Allplas SL, Prelo, Transportes Urgentes Envialia-Lugo, e Cartones y Plásticos Contemar. Neste proxecto destaca o papel xogado pola lucense Lucía Vázquez, nomeada partícipe honorífica, pois foi quen tivo a idea de poñer esta acción en marcha. Lucía Vázquez foi quen creou unha páxina en Facebook sobre o banco de tapóns e quen se ocupa de seguir difundindo a actividade nas redes sociais, ademais de colaborar na organización e a clasificación do material.
O convenio de colaboración que materializou o banco de tapóns asinouse o pasado mes de decembro nas instalacións do diario El Progreso. O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou no acto, xunto á Presidenta da Fundación Puro Cora e representantes do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Lugo, a Asociación Española de Loita contra o Cancro de Lugo, a Asociación de Pais e Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual (ASPNAIS), e das empresas Allplas, Prelo, Envialia e Contemar.
Cales son os destinatarios e como se valoran
Segundo recolle o propio convenio, a iniciativa está destinada a axudar a lucenses de entre 0 e 25 anos de idade, enfermos graves; con necesidade de asistencia mecánica para a súa mobilidade (cadeiras de rodas, prósteses…), ou cirurxías de implantes, ou ben, calquera outra que determine o Consello de Expertos nomeado para valorar os expedientes que se reciban. Este consello, acordado por todas as organizacións implicadas no proxecto, é un comité profesional formado por unha médica, unha psicóloga, unha farmacéutica e unha traballadora social, que se ocupará de analizar os expedientes médicos que se reciban e valorar a prioridade dos mesmos para destinar os fondos recadados coa recollida e venda dos tapóns de plástico.
A decisión que determine a prioridade da actuación será recollida nunha acta e deberá ser adoptada pola maioría do comité, quen, así mesmo, deberán indicar as razóns da súa decisión, deixándoa reflectida na acta que se entregará á Fundación Puro Cora.
As funcións de cada entidade colaboradora
As responsabilidades de cada unha das partes son as seguintes:
– A Fundación Puro Cora difunde esta acción nos medios de comunicación do Grupo El Progreso, coordina as accións particulares de cada unha das partes e publicita a protección do medio ambiente, sendo garante de que o importe íntegro do recaudado con esta acción sexa destinado á persoa ou persoas que determine o Consello de Expertos.
– A Deputación de Lugo pon a disposición desta acción vehículos do Parque Móbil para a recollida de tapóns na provincia.
– O Concello de Lugo cede contedores para esta iniciativa.
– O Colexio Oficial de Médicos da Provincia de Lugo incluirá nos seus despachos de farmacia contenedores para que os veciños da provincia poidan depositar neles os tapóns, e transportaranos á cidade de Lugo.
– A Asociación Española de Loita contra o Cancro de Lugo pon a disposición desta acción o persoal da súa asociación para a organización de colaboradores.
– ASPNAIS é punto de recollida de tapóns, e os usuarios do centro seleccionanos para a súa posterior venda.
– Allplas SL cede a súa nave da rúa Benigno Rivera, 64, en Lugo, para o almacenaxe e posterior selección dos tapóns recollidos.
– Prelo ocúpase de imprimir os adhesivos identificativos do proxecto, que se colocarán nos puntos de recollida que se identifiquen por toda a provincia.
– Envialia é a empresa encargada da recollida de tapóns na cidade de Lugo dende os puntos dende os que se lle indique, ben sexan bares, cafeterías, comercios, colexios…
– Contemar compra os tapóns, xa clasificados e retiraraos da nave de almacenaxe, abonando 260 euros por tonelada.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



