Autoestradas do Atlántico leva anos respondendo á Mesa que non coloca a sinalización tamén en galego, como di a Lei, debido aos custos, mais si ten diñeiro para eliminar os poucos sinais que si estaban xa no noso idioma.
Carlos Callón: “Accións como estas demostran a pretensión de varrer calquera presenza pública da lingua galega e a importancia de que nos movamos en defensa do noso neste momento histórico tan delicado”.
“Esta nova agresión tamén estará presente na manifestación do vindeiro 17 de maio”.
Santiago de Compostela, 11 de maio de 2013.- A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que nas últimas semanas se está a producir “de xeito paulatino” unha mudanza dos únicos sinais en galego que hai na AP-9, para que “a partir de agora só haxa información en castelán e en inglés e nada en galego”. A entidade sinala que os trocos se realizaron en boa parte dos tramos, mais aínda non en todos, polo que Carlos Callón reclama que “se deteña a colocación de adhesivos para eliminar as sinalizacións no noso idioma” e que “a AP-9 cumpra dunha vez coa Lei, que a obriga a que todos os sinais teñan tamén información no noso idioma”.
O portavoz da Mesa lembra que Autoestradas do Atlántico “leva anos, moitos anos, respondéndolle á nosa asociación que non coloca sinalizacións tamén en galego debido aos custos, algo que xa resultaba burlesco tendo en conta os seus ingresos anuais”. Mais Callón subliña que “ironicamente, parece que o diñeiro si aparece cando o que se pretende é eliminar calquera mínima presenza do noso idioma, como está a acontecer”.
Nestes momentos, boa parte dos postos de peaxe da AP-9 pasan a ter “múltiplos sinais de aviso escritos en castelán, un escrito en inglés e ningún escrito en galego, xa que se tapou o que puña PEAXE para que pasase a pór PEAJE”. “Accións como esta demostran a pretensión de varrer calquera presenza pública da nosa lingua, mais nin A Mesa nin unha parte importante da sociedade imos calar a boca”, polo cal convida a todas as persoas que rexeiten estas situacións a que se “mobilicen o vindeiro 17 de maio” na manifestación convocada pola plataforma unitaria Queremos Galego.
Desde A Mesa lembran que, a pesar do estipulado por diversa lexislación e mesmo a pesar de que o tema foi debatido en varias ocasións no Parlamento galego ou no Congreso en Madrid, “só se conseguiu que as Autoestradas tivesen en galego estes sinais que ahora se están a mudar” e que se corrixise a toponimia maior, mentres o resto da sinalización –“moi maioritaria”– continúa a excluír o galego e a toponimia menor continúa a indicarse en moitos casos “castelanizada barbaramente, contra todo criterio lingüístico ou oficial”.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



