Para o vindeiro domingo 12 de maio, o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, desprazarase a Comarca da Sidra (Nava-Asturias) para facer a ruta: HOCES DEL RIO PENDÓN, de 12 quilómetros de distancia (e dificultade baixa) con saída e chegada no Balneario de Fuensanta, e a planta embotelladora de Agua Fuensanta (Nava-Asturias), pasando polo desfiladero do Río Pendón. O grupo visitará tamén unha Pumarada (Plantación de maciñeiras, que están en plena floración) e un Llagar, instalación onde se produce a sidra. Os interesados poden inscribirse ata o venres 10 de maio na piscina municipal de xove por 12 euros os socios do ACD Xove e 15 os que non o son. A saída está programada para as sete e media da mañá dende o Centro Cívico de Xove e a comida será por conta propia.
