Foz, 17 de maio de 2013.- O BNG sae ao paso das declaracións do alcalde de Foz sobre a liquidación do orzamento do Concello de Foz do pasado ano 2012 para corrixilo nas cifras que deu así como reclamarlle máis prudencia e realismo na súa valoración de resultados.
O primeiro que chama a atención é que o alcalde di que o Concello de Foz na liquidación orzamentaria do 2012 “reflicte un aforro neto positivo de 463.697 euros e un remanente de tesourería de 132.000 euros”. O BNG quer precisar que as cifras que da son “enganosas”, seguramente non de forma intencionada pero de igual maneira pouco reais. É certo que o remanente neste concello é positivo pero con matices, xa que queda desvirtuado pola situación dos ingresos pendentes de recadación de exercicios pechados e as obrigas pendentes de aplicar ao orzamento que constitúen a débeda extraxudicial. Por iso, deberíase ter en conta o que di o propio informe de intervención sobre a liquidación do ano pasado, advertindo que é altamente probable que en exercicios futuros se produza un remanente negativo.
O mesmo pasa co aforro neto. En principio o aforro é positivo pero ocorre como no caso anterior, que non se tiveron en conta no cálculo as obrigas pendentes de aplicar ao orzamento correspondentes aos capítulos 1, 2 e 4, que ascenden a 255.744,44 € e que desvirtuarían totalmente a cifras que da o Sr. Castiñeira, de xeito que o aforro sería moi inferior, 207.922,65 €.
O segundo que hai que precisar é que a situación do Concello en canto ás súas contas non mellorou e que non hai motivo para estar tan satisfeito como se mostra o alcalde posto que como se puxo de manifesto por parte dos servizos de intervención do Concello durante todos estes anos, os ingresos correntes ás penas chegan para pagar os gastos correntes e a amortización das súas operacións de crédito. Todo isto tendo en conta, e aquí se delata o Sr. Alcalde, que existen obrigas pendentes de aplicar ao orzamento –fóra de contabilidade- por valor de 261.550,31 € e as circunstancias excepcionais que aconteceron no 2012 coas medidas regresivas aplicadas polo PP na Xunta e no Estado como foron a supresión dunha paga extra do persoal municipal (que aproximadamente supuxeron 108.408,90 €) ou o incremento do IBI urbano que significaron 266.981,47 € máis de dereitos recoñecidos en 2012 que en 2011.
Por último, o BNG quer chamarlle a atención ao alcalde por presumir de plans de austeridade e de resultados cando está incumprindo sistematicamente o Plan de Saneamento aprobado polo Pleno do Concello en 2009, igual que facía o seu predecesor. Por aí debería empezar o Sr. Castiñeira: por cumprir co aprobado en pleno por todos os grupos políticos.
Para o BNG, todos estes datos reflicten que realmente a política económica do actual Goberno Municipal é copia exacta da política de Rajoy ou de Feijoo: recortes, austeridade e “a velas vir”, sen ideas nin solucións para os graves problemas que o pobo está a sufrir.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



