Juan J. Rivas.- Dende o Partido Popular de Foz queremos saír ao paso das críticas vertidas polo PSOE sobre a xestión do equipo de goberno nestes dous anos de mandato.
Pecan estes señores da crítica fácil: os do PP non fixeron isto, non fixeron isto outro ou o de máis alá. E, coma os nenos pequenos, usan a pataleta e a rabieta como ferramenta de comunicación para que se lles escoite, pero non se dan conta de que canto máis berran menos se oen … E menos se escoitan. As súas declaracións, que rozan a actitude chulesca, están cheas de hipocrisía e prepotencia. Tal é así que nin teñen a decencia, antes de falar, de mirar un pouco máis para a xestión que eles mesmos levaron a cabo ao longo dos máis de tres lustros de goberno, antes de criticar o que fan os demais.
Porque, señores do PSOE, nos 16 anos que mangonearon este concello ao seu antollo, estes dezaseis anos si que deron e aínda dan que falar. As súas andanzas son tales que se poderían encher páxinas e máis páxinas dun libro que relatara a vida municipal nos anos de goberno a golpe de decreto como si fóramos unha república bananeira, un libro que ben se podería titular: “A sombra de seis millóns de euros”….
Porque …. ¿onde se gastaron eses seis millóns de euros que se recadaron polas licencias de obras? A título informativo, e por se non o lembran, deses cartos as xentes de Foz non viron nin a goma de suxeitalos …. Eses cartos fundíronos vostedes en catro anos a razón de 1.5 millóns de euros ao ano. E se a esa morea de euros lles engadimos os presupostos oficiais de cada ano, case que 25 millóns de euros, pois xa poden imaxinar onde nos poñemos … E para colmo de tódolos males vostedes, señores do PSOE, foron tan previsores que nin tan sequera pagaron as facturas dos provedores. ¿Pódese ser tan rastreiro e ruín para ter cartos no caixón e non pagar as débedas? E a aínda máis: ¡Nin sequera chegaron a pensar que poderían ter que devolvelos se os contenciosos interpostos así o ditaran! Iso si, para grandes problemas, grandes solucións, e por arte de maxia resolveron o problema: ese millón e medio de euros de facturas sen pagar aos provedores quedaron metidas nun caixón para os que entraron detrás … A grandes problemas, grandes solucións.
Se o PSOE mirara un pouco máis alá do seu embigo podería ver que o actual equipo de goberno, contra vento e marea, está loitando e traballando por sacar adiante un concello que se atoparon sen cartos, está loitando e traballando para recuperar o crédito e a confianza dos focenses nas institucións, está loitando e traballando coa axuda da súa propia xente porque, todo hai que dicilo, vostedes, señores do PSOE, non botan una man nin para pechar a porta aínda que a vostedes mesmos lles entre o frío, para sacar adiante un concello cunha herdanza dos seus dirixentes de descrédito e de dilapidación.
Por desgraza, despois de dezaseis anos de desgoberno, o grupo municipal de Partido Popular atopouse cun concello totalmente desarborado, todo manga por ombro, e co agravante de ter ao grupo do NON como compañeiros de viaxe: non ao emprazamento da EDAR, non aos presupostos, non ao plan de pago aos provedores, non a …. a todo. E sen embargo, despois de dous anos de goberno reducindo os gastos ao mínimo e administrando os cartos que chegan da Xunta, o Concello de Foz está saíndo adiante.
Entendemos que faltan moitas cousas por facer, moito por andar, pero sendo claros, dicindo a verdade e dando a cara nestes tempos de aperturas, neste tempos de crise que nos tocou vivir, vamos sacar este concello adiante e devolvelo ao lugar que lle corresponde, un sitio que abandonou empuxado pola paupérrima xestión do goberno do PSOE ao longo dos dezaseis interminables anos de travesía polo deserto.
Juan J. Rivas
Secretario Xeral
Partido Popular de Foz




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



