Ermida denuncia que Europa aproba medidas que afogan ás maiorías sociais e que son alleas á realidade do país como a Política Pesqueira Común que condena a gran parte da flota da comarca a desaparecer
A Mariña, 31 de maio de 2013. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) da Mariña, súmase á Xornada Mundial dos Pobos contra a Troika que se celebrará mañá, sábado 1 de xuño, e coa que a través da convocatoria de concentracións nas cidades e vilas preténdese amosar o rexeitamento dos cidadáns a todos os organismos que están ordenando medidas que afogan ás maiorías sociais e responden aos ditados do gran capital especulativo.
Ana Ermida, responsábel comarcal da formación nacionalista na comarca, lembra que “o Bloque sempre denunciou que as políticas da Troika son unha arma letal contra o desenvolvemento dos pobos . O BNG sempre foi contrario a política monetaria europea encanto está ao servizo do capital financeiro agravando así as diverxencias socioeconómicas reais. Este é só un dos moitos motivos polos que os nacionalistas xa nos opuxemos en 1986 á entrada na CEE, denunciamos no 1992 as consecuencias do Tratado de Maastricht e pedimos abertamente, no 2005, o voto en contra do referendo sobre o Tratado para a Constitución Europea. Véndennos Europa como única posibilidade para o progreso e o benestar cando está vendida ao servizo da banca e do grande capital.”
Desde o Bloque Nacionalista Galego da Mariña chaman a participar nesta mobilización europea contra os pobos prevista para mañá, sábado 1 de maio, ás 12:30 horas, na Praza de Abaixo de Ribadeo. “Temos que dar unha resposta galega e popular ao roubo da banca por parte da Unión Europea e o Partido Popular. Cómpre poñer nas mans do pobo e dos gobernos as decisións políticas, hoxe secuestradas polos mercados. Cómpre gañarmos soberanía para poder tomar decisións políticas en función dos intereses e necesidades das maiorías sociais. E cómpre rompermos a dependencia económica e a subordinación política de Galiza para garantir o noso desenvolvemento económico, social e cultural” – insiste a responsábel comarcal.
“As políticas da Troika –conclúe Ermida- teñen unha repercusión directa na comarca. Está obrigando a facer recortes que afecta a todos os eidos pero tamén á sanidade e á pesca. A nova política pesqueira aprobada por Bruxelas suporá un ha importante perda de empregos xa que o único destino cara o que nos conduce é a desaparición de gran parte da flota. A Política Pesqueira Común é unha proba máis de que a política europea está lonxe da realidade; a nov anormativa será un novo golpe para a economía da comarca”.

















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



